24 de dec. de 2015

A GUARDA

O BNG denuncia continuísmo e falta de proxecto político nos orzamentos para o 2016 na Guarda 

Ángel Baz: “Estes orzamentos non atenden ás necesidades da Guarda e incumpren acordos plenarios” 

Ángel Luis Baz Alonso, voceiro municipal do BNG na Corporación Municipal de A Guarda.


Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego considera que os orzamentos presentados polo grupo de goberno do PSOE non aportan grandes solucións a actual situación do concello da Guarda. Así ven de manifesta-lo Ángel Luis Baz Alonso, voceiro municipal do BNG na Corporación Municipal de A Guarda.

 Para o BNG estamos diante dun goberno que apostou polo continuísmo, amosando ser un goberno sen proxecto político e esgotado incapaz de atender ás necesidades do pobo da Guarda

 Un ano máis, xa van demasiados, segundo o BNG, os concellleiros deste grupo municipal reclaman unha partida específica para Emerxencia Social” lembrando que foi un acordo plenario froito dunha moción presentada do BNG no seu momento. 

 A formación nacionalista pon negro sobre branco a falta de criterio á hora de asignar produtividades aos diferentes traballadores e traballadoras do concello, sen apostar pola contratación de persoal tan necesario para o funcionamento do concello. Así, o Alcalde da Guarda ignora o acordo plenario para cubrir vacantes de policía local

  Baz Vicente relembra que “o Alcalde da Guarda foi incapaz de atender á reclamación do BNG sobre a mellora das condicións laborais das auxiliares a domicilio, tamén reclamado por parte dos sindicatos. 

 Por outra banda, segundo o voceiro nacionalista “a resposta ante os continuos problemas co alumeado público que están a acontecer polo concello é bastante probe, tanto na partida para arranxos como para persoal encargado, seguimos cun só electricista para máis de 10.000 habitantes. 

 No que respecta a Praza de Abastos, Baz Vicente afirma que un dos grandes eixos do programa electoral do BNG foi a defensa da promoción do mercado local de de proximidade, ese que da a oportunidade aos pequenos produtores, que debe ser o motor do comercio no concello, polo que resulta frustrante pouca dotación orzamentaria para a Praza de Abastos, apenas 2.000 €. O BNG ten outro modelo na cabeza

 En canto a política cultural, o Grupo Municipal do BNG-AA no concello guardés denuncia que “non hai partida para a conmemoración do mes de febreiro como mes de Rosalía de Castro, acordo plenario presentado polo BNG.

 Asemade, Ángel Luis Baz di tamén: “Non hai partida para a realización dun plan de tráfico, que salvo o goberno do PSOE, todo o mundo reclama

 E engade: Seguimos sen transferir o mantemento do Centro de Saúde, que lle supón ao concello un gasto de case 60.000 € anuais

 No tocante o Urbanismo Municipal, o voceiro do BNG-AA dí: Despois de ver o espectáculo do último pleno extraordinario no que o PSOE non puido aprobar o Plan Xeral, o Alcalde da Guarda segue a xogar co PXOM cunha partida de apenas 10.000 € para o 2016, polo que se poden deducir cales son as intencións do goberno municipal

 Ante todo isto, o BNG votou en contra da proposta de orzamentos para o 2.016, polo que cumpre un cambio de actitude no Alcalde da Guarda para chegar a acordos que beneficien ao pobo.  
Un PSOE incapaz, aprobará os orzamentos pola porta de atrás 
 Finalmente, Ángel Luiz Baz considera que tal e como se puido ler nalgún medio de comunicación o Alcalde da Guarda ten a intención de aprobar os orzamentos por medio da Xunta local de Goberno, tal e como fixo o seu predecesor no cargo. Toda vez que esta medida aprobada polo PP foi duramente criticada, no seu momento, polo propio PSOE por antidemocrática e perigosa.

A GUARDA

TEATRO POLO NADAL NO CENTRO CULTURAL DA VILA

Os días 27 e 30 de decembro, de 2015; e o día 3 de xaneiro de 2016


O ROSAL

VI CONCERTO CORAL ECOS DO NADAL
Domingo día 27 de decembro, ás 18:00 horas
Auditorio Municipal do O Rosal


CAMINHA

Construção do “Nosso Mercado” deverá arrancar no segundo semestre de 2016

Exemplo de participação e cidadania do concelho de Caminha chegou aos “quatro cantos do mundo”

Miguel Alves cos autores do projeto  "O Nosso Mercado": Joana Daniela Azevedo Rolo, Benito Mirón Malvar, Juan Antonio Valverde Iglesias e Miguel Meijido Beiro


Infogauda / Caminha


 Mais de três centenas e meia de pessoas votaram e escolheram o projeto que vai ser implementado no Mercado Municipal de Caminha. "O Nosso Mercado", correspondente à proposta 4, foi o vencedor de uma disputa renhida, levando a melhor sobre a proposta 2 por apenas dois votos. Todos os alunos da Escola Superior Gallaecia que participaram neste desafio vão agora trabalhar no projeto de execução, sob orientação dos professores e do diretor da escola, o que ocupará os primeiros seis meses de 2016, prevendo-se o lançamento da obra para o segundo semestre do ano. 


O projeto "O Nosso Mercado", correspondente à proposta 4, foi o vencedor 


 A equipa que elaborou o projeto vencedor é mista, sendo composta por uma portuguesa e três espanhóis. São eles Joana Daniela Azevedo Rolo, Benito Mirón Malvar, Juan Antonio Valverde Iglesias e Miguel Meijido Beiro, todos alunos de Mestrado da Escola Superior Gallaecia.  

 O jovem Miguel Afonso, com a proposta 2, ficou, como referimos, a apenas dois votos do vencedor, tendo recebido uma menção honrosa, cuja atribuição não estava prevista. No entanto, estas duas propostas destacaram-se das restantes na preferência dos votantes, tendo recebido 90 por cento dos votos.  

 A urna foi aberta e os votos contados na presença do presidente da Câmara, Miguel Alves; do presidente da Junta de Freguesia de Caminha e Vilarelho, Miguel Gonçalves, e do vice-presidente do Conselho de Direção ESG e diretor das Relações Institucionais, Rui Correia.  

 De referir que foram os naturais de Caminha quem mais acorreu à votação (61%), sendo ainda mais relevante a análise por critério de residência, já que 51% das pessoas que votaram residem em Caminha e Vilarelho e 36% por cento residem noutras freguesias, mas também no concelho de Caminha, destacando-se Moledo, Venade, Seixas e Vila Praia de Âncora. Só 14% dos votantes são residentes noutros concelhos.   

 A análise permitiu ainda concluir que foi maioritariamente através da comunicação do Município de Caminha (mais de 60%), quer através de folhetos e cartazes quer do site e página de Facebook, que os votantes tiveram conhecimento desta iniciativa e tomaram contacto com as propostas. 

 Relevante foi também o site criado pela ESG,  procurado por um elevado número de pessoas em todo o mundo. A maioria do tráfego foi feita a partir de Portugal, mas este projeto pioneiro que juntou o Município de Caminha e a ESG é do conhecimento também, segundo o registo deste tráfego, de pessoas de Espanha, Reino Unido, Itália, EUA, França, China, Rússia e Emirados Árabes Unidos.  

 À forte divulgação, conseguida também nos media, não será alheia a procura que a Gallaecia já está a registar por parte de outros municípios que propõem parcerias idênticas.  

 Na apresentação de hoje, em que foram divulgados os resultados, Miguel Alves salientou o exemplo de cidadania e de participação, realçando que ele próprio tinha um favorito, os vereadores também, mas quem escolheu foram as pessoas. Agradeceu à Escola, aos alunos e a todos os que votaram, deixando palavras de reconhecimento especiais para os "assessores qualificados" que, em diálogo, com as suas opiniões, auxiliaram na construção das propostas, ou seja, aos comerciantes do Mercado Municipal. 

 O presidente de Junta de Freguesia de Caminha e Vilarelho, Miguel Gonçalves, sublinhou o exercício de democracia e cidadania inerente a todo o processo, que vai conduzir finalmente a uma requalificação esperada há 40 anos.  

 Para Rui Correia o ponto essencial foi a experiência que permitirá concretizar no terreno o trabalho da escola e dos seus estudantes, sendo que todos, como realçamos, vão a partir de agora colaborar no projeto de execução. 

GALICIA

A Central de Coordinación do 061 de Galicia reforza un ano máis o seu persoal ante o incremento da demanda sanitaria no Nadal 

O persoal facultativo, locutor e teleoperador aumentará durante as datas de maior actividade co obxectivo de axilizar as consultas médicas e optimizar a xestión dos recursos 

O pasado Nadal, a Central de Coordinación do 061 de Galicia recibiu máis de 26.000 chamadas de demanda sanitaria e xerou 24.467 asistencias  


Infogauda / Santiago de Compostela

 A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforza, un ano máis, o seu persoal da Central de Coordinación para garantir que a asistencia sanitaria ás urxencias e ás emerxencias que se produzan na Comunidade Autónoma galega sexa axeitada durante as datas de Nadal. 

 Como vén sendo habitual, o número de chamadas aumenta durante o Nadal, non só a consecuencia do incremento das patoloxías relacionadas coa estación invernal, senón tamén polos excesos propios destes días, nos que aumentan os accidentes de tráfico ante o maior número de desprazamentos.  

 Así, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforzará o servizo habitual segundo as análises de incremento de chamadas nestas datas especiais para axilizar a consulta médica e optimizar a xestión dos recursos co fin de dispoñer dos medios máis axeitados para a atención das emerxencias que puideran xurdir.  

 Isto supón que estes vindeiros días haberá un facultativo máis nas quendas de noite (de 22 a 8 horas) as noites do 24, 31 de decembro e o 5 de xaneiro, así como na quenda de mañá do primeiro día do ano. Respecto ao persoal de xestión telefónica, o servizo reforzarase cun locutor máis -encargado de mobilizar os recursos asistenciais de soporte vital básico e avanzado tras a valoración do médico-, e ata dous teleoperadores máis nas quedas de noite nos días 24, 25, 26 e 31 de decembro e 1, 2, e 5 de xaneiro de 2016. Reforzaranse tamén, cunha persoa máis do habitual, as franxas horarias de cada un destes grupos nas quendas de día das xornadas do 24, 25, 26, 27 e 31 de decembro e os días 1, 2 , 3 e 6 de xaneiro.   
Nadal 2014-2015 
 O pasado Nadal -dende o 24 de decembro de 2014 ata o 6 de xaneiro de 2015-, a Central de Coordinación do 061 de Galicia recibiu un total de 26.162 chamadas de demanda sanitaria, que xeraron 24.467 procesos asistenciais, dos que 2.490 foron orixinados directamente por peticións de Atención Primaria.  

 Dos 24.467 procesos asistenciais xerados polo 061, o 40 por cento resolvéronse sen mobilización de recursos e o 60 por cento restante precisaron da mobilización dalgún recurso (visita domiciliaria de médico ou enfermeiro de Atención Primaria, transporte urxente e/ou emerxencias).   

 Dos procesos asistenciais nos que a Central de Coordinación estimou necesario a mobilización dalgún recurso, nun 55% tratouse de emerxencias sanitarias, no 33% de transporte urxente e un 12% resolveuse con visitas domiciliarias. O total de recursos mobilizados foron 15.639.  

 Para a resolución da demanda citada anteriormente mobilizouse o helicóptero medicalizado en 20 ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado acudiron a 888 sinistros, as ambulancias asistenciais en 6.165 e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico, en caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria de 1.054 ocasións. En 358 sinistros asistiron ambulancias convencionais.  

 Neste período os accidentes de tráfico e as intoxicacións son os principais motivos de demanda sanitaria na Central de Coordinación. Así, no Nadal pasado o 061 de Galicia recibiu 244 chamadas en relación cos accidentes de tráfico, que xeraron 207 asistencias por parte dos sanitarios do 061 que atenderon a 274 persoas, das que tres faleceron no punto do incidente.  

 No caso das intoxicacións, entre o 24 de decembro de 2014 e o 6 de xaneiro de 2015, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atenderon a 406 persoas, das que 350 foron asistidas por intoxicacións por alcohol e 56 por consumo de drogas.  

 Por último, é importante lembrar que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o servizo encargado de prestar atención ás urxencias e ás emerxencias extrahospitalarias na Comunidade Autónoma galega as 24 horas, os 365 días do ano e que moitas vidas poden ser salvadas e moitas lesións atenuadas se reciben a asistencia sanitaria axeitada.

23 de dec. de 2015

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

COMUNICADO DOS TRABALLADORES DO C.E.E. DE XARDINERÍA DO SAN XEROME


 Dende o Centro Especial de Emprego de Xardinería do San Xerome; todos os traballadores queremos poñer de manifesto que, en relación, á nota de prensa publicada o 17 de Decembro pola CIG-Ensino, onde se falan de “trato vejatorio e burlas” recibidos por algúns membros da empresa, non son tal. As tensións acumuladas por estes traballadores  son froito da falta de puntualidade nos pagos. 

 En definitiva, queremos separarnos deste tipo de comentarios vertidos pola CIG-Ensino e así, deste xeito, abrir un novo marco de relacións cordiais ca Directiva e Xerencia do San Xerome.  

 Atentamente.  

 Asinado: Os 19 traballadores do C.E.E do San Xerome. 

(R.)

CINEMA

Manoel de Oliveira lembra A Guarda no seu último filme


Proxecto Socheo / A Guarda

 Imaxes do último filme de Manoel de Oliveira: Visita ou Memória e Confissões (1982/2015). Momentos testamentarios no que o cineasta lembra a súa estancia no Colexio da Pasaxe. 

 Para cando unha rúa ou un auditorio co seu nome na Guarda?

BAIONA

O INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS E A SANTA CASA DA PAZ E MISERICORDIA DE BAIONA, RELEMBRAN O AFUNDIMENTO DO ASLAUG

O acto conmemorativo será o venres día 25 de decembro, ás 18 horas, na Capela da Misericordia, cunha charla de Xosé Lois Vilar Pedreira

O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e a Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona inician unha colaboración para encher de actos culturais a Capela da Misericordia


Xosé Lois Vilar Pedreira - no centro da imaxe - xunto a membros da Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona
Foto: IEM

Álvaro Peralta / Baiona


 Na noite do 24 de decembro para o día de noiteboa de 1929 no Poste do Norte dos Carallóns bateu o mercante noruego Aslaug-Haaland, afundiuse e morreron todos os seus tripulantes.  

 O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e a Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona inician unha colaboración para encher de actos culturais a Capela da Misericordia. 

Cartaz da charla que ofrecerá Xosé Lois Vilar Pedreira, o venres día 25 de decembro


 Comezamos cunha charla de Xosé Lois Vilar Pedreira ás 18h. do día 25 de decembro, para falar do afundimento do Aslaug o mesmo día de hai 86 anos. Tamén se falará dos naufraxios do T.H. Skogland no ano 1923 e do Highland Pride o 9 de setembro de 1929.  

 Estes tres naufraxios produciron unha cantiga lamentando a morte duns 20 mariñeiros noruegos que tripulaban o Aslaug. A cantiga leva música do tango La última copa cantado daquela por Carlos Gardel con letra de Caruso e música de Canaro.  

 O cantar baionés comeza:     

El suceso ocurrido en nochebuena,  
nochebuena jamás la olvidaré.
  
Naufragó el Aslaug en Farallones,  
cuantas almas fueron a perecer.     

 E será cantado para rematar o acto como se cantou durante décadas nas ceas de noiteboa nos fogares baioneses.  

 O 4 de xaneiro a Coral Polifónica de Baiona ás 19h45' dará un concerto na Capela da Misericordia para inaugurar as xeiras culturais do ano 2016.  

 Cada acto que se realice será anunciado por un cartel deseñado por Fino Lorenzo.

GALICIA

Feijóo afirma que a estabilidade de Goberno é o que permite á Xunta avanzar en políticas sociais e aprobar hoxe un complemento para as pensións non contributivas en 2016 

Indica que Galicia é a comunidade autónoma que máis paga as pensións non contributivas 

Lembra outras medidas de ámbito social da Xunta como o convenio asinado coas compañías eléctricas para evitar cortes de luz en Galicia ás familias que non poden pagar as facturas, o Bono Alugueiro e a Tarxeta Benvida 

“Eu o que si lle ofrezo aos galegos é ser fiel ao mandato que nos deron, dar estabilidade en Galicia, ter uns Orzamentos aprobados o 1 de xaneiro, baixar o imposto da renda, baixar o imposto de sucesións e doazóns ao 99% dos galegos e poñer imposto cero para todas as transaccións no rural”, asegura

O presidente da Xunta na súa comparecencia parlamentaria 
Foto: Xoán Crespo

Infogauda / Santiago de Compostela

 O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a estabilidade de Goberno é o que permite á Xunta avanzar en políticas sociais e aprobar hoxe un complemento extraordinario para as pensións non contributivas.  

 Como sinalou o máximo responsable autonómico, esta medida beneficiará aos máis de 42.000 cidadáns que contan con esta prestación. Así mesmo, lembrou que Galicia é a comunidade autónoma que máis paga as pensións non contributivas e matizou tamén que é unha das tres comunidades, xunto con Andalucía e Extremadura, que pagan unha extra a estas pensións.  

 O presidente da Xunta lembrou tamén outras iniciativas de ámbito social postas en marcha nas últimas semanas, como o convenio asinado coas compañías eléctricas para evitar cortes de luz en Galicia ás familias que non poden pagar as facturas. Do mesmo xeito, antes de que se produza un corte de luz por impago, a Xunta farase cargo de dous recibos. 

 Así mesmo, Feijóo puxo en valor o Bono de Alugueiro Social que o Goberno galego pon en marcha para as familias con dificultades. Trátase de 150 euros ao mes para que poidan manter os seus alugueiros en prazo.  

 En terceiro lugar, fixo fincapé en que a partir do 1 de xaneiro a Xunta ofrecerá a Tarxeta Benvida, dotada de 100 euros ao mes, para os nenos e nenas que nazan na Comunidade.  

 Como sinalou, o Goberno galego o que busca é conservar e manter o país e facilitar que siga avanzando. “Eu o que si lle ofrezo aos galegos é ser fiel ao mandato que nos deron, dar estabilidade en Galicia, ter uns Orzamentos aprobados o 1 de xaneiro, baixar o imposto da renda, baixar o imposto de sucesións e doazóns ao 99% dos galegos e poñer imposto cero para todas as transaccións no rural”, asegurou. Para concluír, indicou que “Galicia aspira a non estar na situación de inestabilidade da inmensa maioría das Comunidades Autónomas”.

GALICIA

A Xunta destinará case 9 millóns de euros para que máis de 42.000 perceptores de pensións non contributivas se beneficien dun complemento extraordinario de 206 euros 

Salienta que este complemento só o manteñen tres Comunidades Autónomas 

Indica que esta axuda se ingresará de oficio, sen necesidade de efectuar solicitudes ou levar a cabo ningún trámite adicional 

Destaca que o Goberno galego continuará apostando por medidas de apoio ás persoas e familias con menos recursos

O titular da Xunta de Galicia, na rolda de prensa do Consello  
Foto: Xoán Crespo


Infogauda / Santiago de Compostela

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe da aprobación por parte do Consello da Xunta de Galicia, do decreto que establece o complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores de pensións non contributivas da Seguridade Social. A axuda chegará a máis de 42.000 persoas perceptoras de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimo.  

 Segundo explicou o titular da Xunta, trátase dun complemento que só manteñen tres Comunidades Autónomas e que suporá un investimento por parte da Administración galega de 8,7 millóns de euros.  

 Ademais, tal e como sinalou o presidente da Xunta, esta axuda ingresarase de oficio, sen necesidade de efectuar solicitudes ou levar a cabo ningún trámite adicional e será aboada nun pagamento único nos primeiros dez días de xaneiro.  
Máis actuacións no ámbito da inclusión social 
 A este respecto, Feijóo lembrou que no vindeiro ano 2016 o Goberno galego seguirá a apostar por medidas de apoio ás persoas e familias con menos recursos, o que se verá reflectido nas partidas económicas destinadas ao ámbito da inclusión social. Este presuposto aumentará en máis dun 24% superando os 86 millóns de euros.  

 Así, tal e como sinalou o mandatario galego, poderase dar cobertura a iniciativas como a Risga, que aumentará nun 10% con respecto ao actual exercicio, e ao Plan Social contra Desigualdade Económica, que contará cunha dotación de máis de 20 millóns. Este último incluirá o tique eléctrico e o programa Reconduce para familias en risco de perder a vivenda.

GALICIA

O titular da Xunta subliña que o obxectivo é axudar a facer fronte ao pagamento do alugueiro a aquelas persoas que máis o precisan 

A Xunta de Galicia activa o Bono de Alugueiro Social do ano 2016, que contará cun investimento de 4M€ para garantir unha vivenda ás familias en risco de perder o seu fogar 

Explica que o Bono Social de Alugueiro establece unha axuda de 150 euros mensuais por un período de doce meses e que podería prorrogarse ata un máximo de dous anos 

Precisa que, a maiores, dispón unha subvención adicional de 450 euros para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou para atender os pagamentos pendentes se permanecesen na mesma vivenda 

Indica que ten como potenciais beneficiarios as persoas con problemas económicos que non poidan pagar a renda do alugueiro e afronten unha demanda xudicial de desafiuzamento por este motivo, ou teñan unha resolución xudicial que ordene o desaloxo do edificio 

Tamén as vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda 

E, en terceiro lugar, aquelas familias con dificultades para afrontar o alugueiro e que non poidan dispoñer da súa vivenda habitual polos danos sufridos nela como consecuencia dunha circunstancia imprevista, como un incendio ou unha inundación

O titular da Xunta subliña que o obxectivo é axudar a facer fronte ao pagamento do alugueiro a aquelas persoas que máis o precisan  
Foto: Xoán Crespo

Infogauda / Santiago de Compostela

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe da aprobación por parte do Consello da Xunta do Bono de Alugueiro Social na convocatoria de 2016, que contará cun investimento de 4 millóns de euros para garantir unha vivenda ás familias en risco de perder o seu fogar. Segundo asegurou, o obxectivo é axudar a facer fronte ao pagamento do alugueiro a aquelas persoas que máis o precisan.  

 Feijóo explicou que o Bono Social de Alugueiro establece unha axuda de 150 euros mensuais por un período de doce meses e que podería prorrogarse ata un máximo de dous anos. E, de igual xeito, a maiores, dispón unha axuda adicional de 450 euros para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou para atender os pagamentos pendentes se permanecesen na mesma vivenda.  

 Precisou, así, que este bono ten como potenciais beneficiarios as persoas con problemas económicos que non poidan pagar a renda do alugueiro e afronten unha demanda xudicial de desafiuzamento por este motivo, ou teñan unha resolución xudicial que ordene o desaloxo do edificio. Tamén as vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda. E, en terceiro lugar, aquelas familias con dificultades para afrontar o alugueiro e que non poidan dispoñer da súa vivenda habitual polos danos sufridos nela como consecuencia dunha circunstancia imprevista, como un incendio ou unha inundación.  

 O mandatario galego subliñou que esta é unha das dez medidas postas en marcha pola Xunta para facer fronte ao drama dos desafiuzamentos incluída no Plan RehaVita, que se suma a outras iniciativas como o programa de realoxo de afectados por execucións hipotecarias, o programa Reconduce, os convenios co Sareb e coas entidades financeiras, ou o Censo de vivendas baleiras, que se implantará en 2016.

GALICIA

O Goberno galego destina 50 millóns de euros a programas de formación que axudarán a 13.000 galegos a atopar un traballo 

Recorda que o paro baixou un 9,44% ao longo dos últimos 12 meses, unha baixada “positiva, pero non suficiente” Organizaranse cursos de formación, obradoiros de emprego destinados ao público xeral e aos menores de 30 anos e programas integrados de emprego 

Algúns dos novos cursos que se ofertan son os de soldadura, caldereiría, estruturas metálicas e deseño da industria naval 

Nos obradoiros de emprego primaranse proxectos de rehabilitación de fachadas, edificios públicos e espazos medioambientais 

Os programas integrados de emprego ofrecen asesoramento personalizado aos participantes

O presidente recordou os últimos datos do paro, que revelan que baixou un 9,44% ao longo dos últimos 12 meses

Infogauda / Santiago de Compostela

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Consello deu luz verde a catro programas de emprego e formación, que “axudarán a máis de 13.000 galegas e galegos a atopar un posto de traballo”. O orzamento conxunto destas medidas ascende a 49,3 millóns de euros.  

 O presidente recordou os últimos datos do paro, que revelan que baixou un 9,44% ao longo dos últimos 12 meses. “Esta baixada é positiva —afirmou—, pero non é suficiente. Queremos que siga crecendo o número de persoas que atopan un traballo en Galicia”. O paquete aprobado hoxe con este fin engloba catro medidas: cursos de formación, obradoiros de emprego, obradoiros destinados aos menores de 30 anos e programas integrados de emprego. 

 Destinaranse 33 millóns de euros a organizar máis de 670 cursos de formación, nos que os participantes poderán obter un certificado de profesionalidade con validez en toda España. Neles participarán arredor de 10.100 persoas rexistradas no Servizo Público de Emprego. Algúns dos cursos que se organizan por primeira vez este ano son os de soldadura, caldereiría, estruturas metálicas e deseño da industria naval, “ante o aumento da carga de traballo nos estaleiros en construción e reparación de buques e eólica mariña”, segundo indicou Feijóo.  
Obradoiros organizados xunto aos concellos 
 En segundo lugar, 14 millóns de euros estarán orientados a organizar 80 obradoiros de emprego, tanto para o público xeral como os específicos para menores de 30 anos. Dos primeiros poderán beneficiarse 1.300 persoas que, ao longo de seis meses, poderán mellorar a súa formación e gañar un soldo. Reservaranse o 20% das prazas aos beneficiarios da Risga e primaranse proxectos de rehabilitación de fachadas, edificios públicos e espazos medioambientais.  

 Os obradoiros específicos para menores de 30 anos, pola súa banda, requiren que os participantes estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A eles destinaranse 4 millóns do 14 do total dos obradoiros.  

 Ambas as dúas modalidades de obradoiros serán organizadas polos concellos, aínda que será a Xunta quen financie o soldo e a contribución á Seguridade Social dos participantes nos cursos, dos docentes e dos administrativos que xestionan o proxecto. “Así poñemos en valor, unha vez máis, a importancia da colaboración entre institucións”, subliñou Feijóo.  

 A cuarta das medidas corresponde ás axudas para os plans integrados de emprego. O seu importe rolda os 3 millóns de euros e beneficiarán a 1.600 persoas. Estes programas distínguense dos anteriores en que contan con asesoramento individualizado para cada participante, ao que se lle deseñará un itinerario de formación especializado. Durarán 12 meses e incluirán obrigatoriamente accións formativas e de intermediación laboral.

A GUARDA

Servizo do ferry no Nadal  

O ferry Santa Rita de Cássia
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Na redacción deste xornal dixital, vimos de receber do Concello de A Guarda, á seguinte nota de prensa:

 "A Cámara Municipal de Caminha informa dos cambios no funcionamento habitual do ferry con motivo da celebración do Nadal.  

 O xoves 24 de decembro a última viaxe de Caminha a nosa vila será ás 17.00h polo que a última volta da Guarda a Caminha será ás 17.30h. 

 Infórmase que os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non haberá servizo durante todo o día".

PONTEVEDRA

AVISO FITOSANITARIO 
23/12/2015

PALMERAS 
Palmera afectada


Picudo rojo de las palmeras (Rhynchophorus ferrugineus) 

 Estación Fitopatolóxica do Areeiro / Pontevedra

 Como es sabido, este año se ha observado un avance notorio de la plaga en diferentes zonas de la provincia, cada vez son más numerosas las palmeras que manifiestan síntomas de su ataque y muy abundantes también las consultas que recibimos sobre este tema. Por este motivo, y aunque el invierno es la época de menor actividad del insecto, hemos considerado necesario recordar las actuaciones básicas para limitar su dispersión y poder conseguir un mejor control de la plaga: 

Revisar periódicamente las palmeras con el fin de detectar posibles síntomas de su presencia (asimetría de la copa a nivel de las hojas más tiernas, desplome de las palmas, etc). 

Evitar plantar nuevas palmeras en las zonas donde se ha detectado la plaga y en sus cercanías. 

Evitar las podas, y en todo caso eliminar solo las palmas secas, ÚNICAMENTE EN INVIERNO (nunca el resto del año). Los cortes deben ser limpios, sin desgarros y tras realizarlos se debe tratar la herida con un insecticida. 

Realizar tratamientos preventivos a palmeras sin síntomas con insecticidas a base de materias activas autorizadas. Si la palmera es de elevada talla, existen varias empresas en la provincia con capacidad para realizar estas intervenciones; si se trata de plantas de reducido tamaño, efectuar al menos tres tratamientos (en primavera, verano y otoño) con insecticidas autorizados para este fin. 

Aplicar los tratamientos pertinentes a las palmeras sintomáticas: en el momento de la detección, al menos dos intervenciones con clorpirifos 48% distanciadas 15 días y posteriormente cinco aplicaciones más entre primavera y otoño. Éstas pueden efectuarse cada 45-50 días de media, utilizando siempre insecticidas autorizados (sistémicos y de contacto, que deben alternarse –consulte a los técnicos-). En los tratamientos se debe empapar muy bien la base de las hojas en la parte central de la corona (se aplican en forma de chorro –sin boquillas-, aunque también existe la opción de inyectarlos al tronco). Ya en invierno se puede realizar una intervención con nematodos entomopatógenos (Steinernema carpocapsae). 

 Las palmeras muy afectadas deben eliminarse, operación que debe realizarse respetando escrupulosamente las normas de seguridad básicas y adoptando una serie de precauciones para evitar la dispersión de la plaga, por lo que se aconseja recurrir a empresas especializadas. En caso de ejemplares pequeños, se pueden trocear in situ y enterrar todos los restos a una profundidad no inferior a 2 m, dejando la zona limpia de cualquier residuo de la planta.

FRUTALES 
Tratamientos de otoño-invierno  


 Aunque de momento no se están registrando las temperaturas bajas propias de esta época, y tampoco en el período vegetativo ha habido problemas graves de patógenos, es recomendable realizar una aplicación con un producto cúprico registrado en el cultivo con el fin de reducir el inóculo para la próxima campaña. Además, con este tratamiento también quedan protegidas las microheridas provocadas en la caída de la hoja o, en el caso del kiwi, también las producidas después de la recogida del fruto.   


 Los fungicidas de cobre se deben aplicar a dosis altas, y pueden ser renovados una vez más a lo largo del invierno, siempre que las temperaturas no sean excesivamente bajas y no exista tampoco previsión de heladas para los días sucesivos.  


 En el caso del manzano, si se han instalado en verano bandas de cartón ondulado en los troncos de los árboles para atrapar orugas invernantes de Cydia pomonella, es un buen momento para retirarlas y destruirlas.

VIÑA y FRUTALES 
Patologías de la madera  



En algunas zonas ya se han realizado podas sobre algunos de estos cultivos, en otras se están practicando y en algunas no han comenzado. Recuerden que estas operaciones deben realizarse preferiblemente en tiempo seco, y que las plantas enfermas deben podarse lo más tarde posible. En todos los casos los cortes deben realizarse lo más verticales posible y sin desgarros, desinfectando siempre las herramientas de poda. Después, dada la conveniencia de proteger los cortes de mayores dimensiones para evitar la entrada de patógenos, se aconseja aplicar sobre ellos una pasta con un fungicida a base de cobre. Unos días después, se puede aplicar alquitrán de hulla 20% + betún de asfalto 60% [AL] p/p para la cicatrización. Por otra parte, las cepas/plantas muertas deben ser arrancadas y retiradas de la plantación (así como el material resultante de la poda). 

22 de dec. de 2015

A GUARDA


IV Reunión Atlética Solidaria

Domingo día 27 de decembro, ás 9:30 h., no Porto de A Guarda, saída da Andaina

A saída da carreira absoluta será ás 10:15 h.


Moi importante: Cada participante que aporte alimentos (leite, azucre, cacao,conservas, etc.) e productos de uso diario como champú e xel. 



Circuito da Andaina solidaria

Circuito da Carreira Absoluta

Circuito da Carreira solidaria pequenos

                                                           Circuito da Carreira solidaria pulgas