23 de dec. de 2015

GALICIA

O titular da Xunta subliña que o obxectivo é axudar a facer fronte ao pagamento do alugueiro a aquelas persoas que máis o precisan 

A Xunta de Galicia activa o Bono de Alugueiro Social do ano 2016, que contará cun investimento de 4M€ para garantir unha vivenda ás familias en risco de perder o seu fogar 

Explica que o Bono Social de Alugueiro establece unha axuda de 150 euros mensuais por un período de doce meses e que podería prorrogarse ata un máximo de dous anos 

Precisa que, a maiores, dispón unha subvención adicional de 450 euros para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou para atender os pagamentos pendentes se permanecesen na mesma vivenda 

Indica que ten como potenciais beneficiarios as persoas con problemas económicos que non poidan pagar a renda do alugueiro e afronten unha demanda xudicial de desafiuzamento por este motivo, ou teñan unha resolución xudicial que ordene o desaloxo do edificio 

Tamén as vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda 

E, en terceiro lugar, aquelas familias con dificultades para afrontar o alugueiro e que non poidan dispoñer da súa vivenda habitual polos danos sufridos nela como consecuencia dunha circunstancia imprevista, como un incendio ou unha inundación

O titular da Xunta subliña que o obxectivo é axudar a facer fronte ao pagamento do alugueiro a aquelas persoas que máis o precisan  
Foto: Xoán Crespo

Infogauda / Santiago de Compostela

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe da aprobación por parte do Consello da Xunta do Bono de Alugueiro Social na convocatoria de 2016, que contará cun investimento de 4 millóns de euros para garantir unha vivenda ás familias en risco de perder o seu fogar. Segundo asegurou, o obxectivo é axudar a facer fronte ao pagamento do alugueiro a aquelas persoas que máis o precisan.  

 Feijóo explicou que o Bono Social de Alugueiro establece unha axuda de 150 euros mensuais por un período de doce meses e que podería prorrogarse ata un máximo de dous anos. E, de igual xeito, a maiores, dispón unha axuda adicional de 450 euros para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou para atender os pagamentos pendentes se permanecesen na mesma vivenda.  

 Precisou, así, que este bono ten como potenciais beneficiarios as persoas con problemas económicos que non poidan pagar a renda do alugueiro e afronten unha demanda xudicial de desafiuzamento por este motivo, ou teñan unha resolución xudicial que ordene o desaloxo do edificio. Tamén as vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda. E, en terceiro lugar, aquelas familias con dificultades para afrontar o alugueiro e que non poidan dispoñer da súa vivenda habitual polos danos sufridos nela como consecuencia dunha circunstancia imprevista, como un incendio ou unha inundación.  

 O mandatario galego subliñou que esta é unha das dez medidas postas en marcha pola Xunta para facer fronte ao drama dos desafiuzamentos incluída no Plan RehaVita, que se suma a outras iniciativas como o programa de realoxo de afectados por execucións hipotecarias, o programa Reconduce, os convenios co Sareb e coas entidades financeiras, ou o Censo de vivendas baleiras, que se implantará en 2016.

Ningún comentario:

Publicar un comentario