24 de dec. de 2015

A GUARDA

O BNG denuncia continuísmo e falta de proxecto político nos orzamentos para o 2016 na Guarda 

Ángel Baz: “Estes orzamentos non atenden ás necesidades da Guarda e incumpren acordos plenarios” 

Ángel Luis Baz Alonso, voceiro municipal do BNG na Corporación Municipal de A Guarda.


Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego considera que os orzamentos presentados polo grupo de goberno do PSOE non aportan grandes solucións a actual situación do concello da Guarda. Así ven de manifesta-lo Ángel Luis Baz Alonso, voceiro municipal do BNG na Corporación Municipal de A Guarda.

 Para o BNG estamos diante dun goberno que apostou polo continuísmo, amosando ser un goberno sen proxecto político e esgotado incapaz de atender ás necesidades do pobo da Guarda

 Un ano máis, xa van demasiados, segundo o BNG, os concellleiros deste grupo municipal reclaman unha partida específica para Emerxencia Social” lembrando que foi un acordo plenario froito dunha moción presentada do BNG no seu momento. 

 A formación nacionalista pon negro sobre branco a falta de criterio á hora de asignar produtividades aos diferentes traballadores e traballadoras do concello, sen apostar pola contratación de persoal tan necesario para o funcionamento do concello. Así, o Alcalde da Guarda ignora o acordo plenario para cubrir vacantes de policía local

  Baz Vicente relembra que “o Alcalde da Guarda foi incapaz de atender á reclamación do BNG sobre a mellora das condicións laborais das auxiliares a domicilio, tamén reclamado por parte dos sindicatos. 

 Por outra banda, segundo o voceiro nacionalista “a resposta ante os continuos problemas co alumeado público que están a acontecer polo concello é bastante probe, tanto na partida para arranxos como para persoal encargado, seguimos cun só electricista para máis de 10.000 habitantes. 

 No que respecta a Praza de Abastos, Baz Vicente afirma que un dos grandes eixos do programa electoral do BNG foi a defensa da promoción do mercado local de de proximidade, ese que da a oportunidade aos pequenos produtores, que debe ser o motor do comercio no concello, polo que resulta frustrante pouca dotación orzamentaria para a Praza de Abastos, apenas 2.000 €. O BNG ten outro modelo na cabeza

 En canto a política cultural, o Grupo Municipal do BNG-AA no concello guardés denuncia que “non hai partida para a conmemoración do mes de febreiro como mes de Rosalía de Castro, acordo plenario presentado polo BNG.

 Asemade, Ángel Luis Baz di tamén: “Non hai partida para a realización dun plan de tráfico, que salvo o goberno do PSOE, todo o mundo reclama

 E engade: Seguimos sen transferir o mantemento do Centro de Saúde, que lle supón ao concello un gasto de case 60.000 € anuais

 No tocante o Urbanismo Municipal, o voceiro do BNG-AA dí: Despois de ver o espectáculo do último pleno extraordinario no que o PSOE non puido aprobar o Plan Xeral, o Alcalde da Guarda segue a xogar co PXOM cunha partida de apenas 10.000 € para o 2016, polo que se poden deducir cales son as intencións do goberno municipal

 Ante todo isto, o BNG votou en contra da proposta de orzamentos para o 2.016, polo que cumpre un cambio de actitude no Alcalde da Guarda para chegar a acordos que beneficien ao pobo.  
Un PSOE incapaz, aprobará os orzamentos pola porta de atrás 
 Finalmente, Ángel Luiz Baz considera que tal e como se puido ler nalgún medio de comunicación o Alcalde da Guarda ten a intención de aprobar os orzamentos por medio da Xunta local de Goberno, tal e como fixo o seu predecesor no cargo. Toda vez que esta medida aprobada polo PP foi duramente criticada, no seu momento, polo propio PSOE por antidemocrática e perigosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario