O INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS E A SANTA CASA DA PAZ E MISERICORDIA DE BAIONA, RELEMBRAN O AFUNDIMENTO DO ASLAUG
O acto conmemorativo será o venres día 25 de decembro, ás 18 horas, na Capela da Misericordia, cunha charla de Xosé Lois Vilar Pedreira
O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e a Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona inician unha colaboración para encher de actos culturais a Capela da Misericordia
Xosé Lois Vilar Pedreira - no centro da imaxe - xunto a membros da Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona
Foto: IEM
Álvaro Peralta / Baiona
Na noite do 24 de decembro para o día de noiteboa de 1929 no Poste do Norte dos Carallóns bateu o mercante noruego Aslaug-Haaland, afundiuse e morreron todos os seus tripulantes.
O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e a Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona inician unha colaboración para encher de actos culturais a Capela da Misericordia.
Cartaz da charla que ofrecerá Xosé Lois Vilar Pedreira, o venres día 25 de decembro
Comezamos cunha charla de Xosé Lois Vilar Pedreira ás 18h. do día 25 de decembro, para falar do afundimento do Aslaug o mesmo día de hai 86 anos. Tamén se falará dos naufraxios do T.H. Skogland no ano 1923 e do Highland Pride o 9 de setembro de 1929.
Estes tres naufraxios produciron unha cantiga lamentando a morte duns 20 mariñeiros noruegos que tripulaban o Aslaug. A cantiga leva música do tango La última copa cantado daquela por Carlos Gardel con letra de Caruso e música de Canaro.
O cantar baionés comeza:
El suceso ocurrido en nochebuena,
nochebuena jamás la olvidaré.
Naufragó el Aslaug en Farallones,
cuantas almas fueron a perecer.
E será cantado para rematar o acto como se cantou durante décadas nas ceas de noiteboa nos fogares baioneses.
O 4 de xaneiro a Coral Polifónica de Baiona ás 19h45' dará un concerto na Capela da Misericordia para inaugurar as xeiras culturais do ano 2016.
Cada acto que se realice será anunciado por un cartel deseñado por Fino Lorenzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario