Xesús Alonso Montero pronunciará unha conferencia titulada "Páxinas literarias dos presos republicanos en San Simón"
• O próximo mércores, 17 de setembro, ás 19:00h no Salón de Plenos da Casa dos Alonso
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Como continuación da xornada de homenaxe aos republicanos asasinados polos sublevados contra o lexítimo goberno da II República, que terá lugar o mércores, 17 de setembro, ás 17:30 horas, no cemiterio de Sestás, cunha ofrenda floral, acto organizado pola Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo, e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás; ese mesmo día, ás 19:00h no Salón de Plenos da Casa dos Alonso, en colaboración co Concello de A Guarda e a Deputación de Pontevedra, o catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela, e membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura de Galicia, Xesús Alonso Montero, pronunciará unha conferencia titulada "Páxinas literarias dos presos republicanos en San Simón".
Na súa intervención Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), un dos ensaístas máis importantes de Galicia, falará da illa de San Simón, na Ría de Vigo, que de ser un espazo de amor (s.XIII) pasaría á ser ílla da morte (1936-1940).
O acto rematará coa actuación do coro “Cantos de Liberdade”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario