A NOITE MÁIS CURTA: UNHA CITA CO NOSO CINEMA
“A noite máis curta”, convídanos este venres día 25 de marzo, ás 21:00 h., no Centro Cultural e Social de A Guarda, a proxección de catro curtametraxes que serán presentadas polos seus directores e parte do seu elenco.
Esta cita co cinema feito en Galicia, artéllase arredor do filme Dies Dei, grabado na Guarda no 2009 polo director Nani Matos Barcia. Trala súa estrea na Guarda, o 30 de maio de 2009, a curta viaxou por diferentes festivais nacionais e internacionais, conquerindo varios premios da crítica e do público. Como peche deste ciclo, o seu director desexaba voltar a proxectar o filme no lugar “no que o viu nacer”.
Ademáis da obra de Nani Matos, proxectarase unha selección de curtametraxes que nos achegarán ó bo facer cinematográfico co que contamos no Baixo Miño e súa contorna. Estes filmes serán: “Os señores do vento” (2008), do guardés Xurxo González Rodríguez; “Historias de Blog”, do goianés Pancho Salmerón, e “O máis rico (do cemiterio)” de Jorge Fernández (Vigo).

Ningún comentario:
Publicar un comentario