A CURTAMETRAXE DIES DEI OBTÉN O SEGUNDO PREMIO EN TORRELAVEGA

Infogauda / A Guarda
A curtametraxe Dies dei, do cineasta Nani Matos voltou a ser premiada, esta vez no XI Festival Internacional de Cortometrajes de Torrelavega (FIC), onde acadou o segundo premio na sección de Video Dixital. O festival celebrouse a pasada fin de semana no Teatro Municipal Concha Espina, da localidade cántabra.
Dies dei, de Nani Matos, conta con un reparto formado por Xan Cejudo, Mela Casal, Camila Bossa, Susana Dans, Luis Iglesia e Keka Losada.
Nos 18 minutos da curtametraxe, o actor e director camposino aborda a historia persoal de Avelino, un septuaxenario que vive centrado no coidado da súa muller. Teresa, que así se chama ela, padece unha enfermidade que a tén postrada no leito a meirande parte do tempo. A vida de Avelino transcorre con certa normalidade ata que comeza a notar os mesmos síntomas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario