“Vikingland” participará no festival de Mar del Plata (Arxentina)
“Vikingland” é un documental dirixido polo cineasta guardés Xurxo Chirro
Gustavo González Rodríguez / A Guarda
O XXVIº Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, que se celebrará do 5 ao 13 de novembro, inclúe dentro da súa programación o documental galego “Vikingland”, dirixido polo guardés Xurxo Chirro. O certame arxentino, un dos máis importantes de América Latina, seleccionou o filme galego para a súa sección paralela, “Estados alterados”, que recolle as obras de máis risco creativo a nivel mundial.
A estrea mundial de “Vikingland” tivo lugar o pasado mes de xullo no prestixioso FIDMarsella, un marco excelente para que fora visto por críticos e seleccionadores de diversos países e que lle auguraba unha longa andaina polo circuíto de festivais. O filme foi seleccionado na competición oficial do festival de Jihlava (Chequia) e xa está confirmada a súa presenza noutros importantes certames internacionais, cuxa programación será anunciada nas próximas semanas.
“Vikingland” está baseado nas gravacións en vídeo que fixo Luis Lomba “O Haia”, un mariñeiro da Guarda embarcado nun transbordador entre Romo (Dinamarca) e a illa alemana de Sylt. As imaxes, que dan conta da súa vida e a dos seus compañeiros para erixirse en testemuño da emigración galega, son o punto de partida dunha proposta fílmica anovadora dentro do xénero documental.

Ningún comentario:
Publicar un comentario