Xurxo Chirro levará “A Guarda na memoria” ao Festival CINEUROPA
Gustavo Rodríguez González / Santiago de Compostela
Mañá mércores, ás 21h15, vai ter lugar no auditorio do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) unha sesión especial no marco do Festival Cineuropa de Santiago de Compostela dedicado á memoria histórica da vila da Guarda. Nela o protagonismo xirará arredor de tres películas que o guardés Xurxo Chirro realizou sobre este tema.
A sesión terá como eixo principal a mediometraxe 36/75, unha peza que percorre os espazos da Guarda no que ocorreron os feitos máis importantes nos primeiros meses da Guerra Civil. Este filme acompañarase coa curtametraxe titulada Brasilino, que acaba de gañar o terceiro premio no festival Socialcine da Coruña 2011, e que volve a vista atrás ao que lle aconteceu ao último alcalde republicano da Guarda. Finalmente, a sesión rematará cun material extra, Emilio, unha entrevista a un veciño da Guarda, "o Muchila", que refrescará a súa memoria para darnos conta da nova realidade que imperou a partir do verán de 1936.
Orixinalmente “A Guarda na memoria” era un proxecto máis ambicioso que Xurxo Chirro tentou promover en 2006 no concello da Guarda coa idea de xuntar a distintos creadores e estudosos locais que desen a súa visión sobre os acontecementos da Guerra Civil e a represión franquista nesta vila. Este proxecto sería un punto de encontro de disciplinas (Historia, música, cine, poesía, fotografía, artes plásticas, banda deseñada, etc.) que proxectaría distintas perspectivas sobre o episodio máis traumático no pasado da Guarda. Unha reflexión desde o mundo da arte e o coñecemento para superar medos e receos, axudando a establecer pontes que faciliten a comprensión do pasado como alicerce necesario para construír un presente máis solidario e xusto.
A pesar de que este proxecto colectivo non chegou a materializarse Xurxo Chirro comezou a facer unha serie de gravacións relacionadas co tema. Finalmente estes traballos verán a luz no marco do CGAC dentro da programación do 25º Festival Cineuropa. Unha sesión que, segundo Xurxo Chirro: “lle gustaría algún día poder facela na súa vila natal”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario