“Brasilino”, de Xurxo Chirro, recibe o 3ª premio do SOCIALCINE 2011 da Coruña
Xurxo Chirro - terceiro pola esquerda - na entrega dos premios aos gañadores por parte de Miguel Lorenzo, concelleiro de Servizos Sociais da cidade da CoruñaGustavo González Rodríguez / A Coruña
A curtametraxe experimental que leva por título “Brasilino” acaba de recibir o terceiro premio do certame Socialcine Coruña 2011. Organizado pola Consellaría de Asuntos Sociais da cidade herculina, este programa ten como obxectivo o fomento do uso dos medios audiovisuais como ferramenta para concienciar a cidadanía en temas de carácter social.
Esta obra, do guardés Xurxo Chirro, pretende sacar á luz o testemuño directo de Benedicta (unha muller centenaria do barrio da Cruzada) sobre a figura de Brasilino Álvarez, o último alcalde republicano da Guarda, fusilado durante o comezo da Guerra Civil. Ao mesmo tempo que se produce a narración vaise perfilando a imaxe da casa onde naceu Brasilino, derrubada recentemente.
O xurado recoñeceu a intención por parte do director de indagar na natureza dos recordos tentando ilustrar o proceso de memoria. Unha interpretación do noso pasado desde a actualidade do presente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario