Estrea da curtametraxe “Berberecho II”
Xurxo González Rodríguez / A Guarda
O vindeiro sábado, 26 de decembro, ás 20h00, no Centro Cultural da Guarda, vai ter lugar a estrea da curtametraxe “Berberecho II”, dirixida por J. M. Bazarra “Sepi” e coa interpretación estelar de Carlos Villa. Un proxecto que puido materializarse grazas á axuda do Concello da Guarda, da AGADIC e da Morraceira-Asociación Cultural.
Despois de tres meses de árdua posprodución xa está lista a curtametraxe que se filmou o pasado verán na Guarda. Un filme puramente transfronteirizo xa que foi rodado maiormente no transbordador que une A Guarda con Caminha. Unha localización que posúe un marco xeográfico incomparable para esta comedia descarada con certo sabor agridoce.
“Berberecho II” é a segunda parte da que pasa por ser unha das curtametraxes de culto do audiovisual galego, filmada no 2001. Nove anos despois da primeira entrega chega esta secuela que segue insistindo no formato e nas teimas da orixinal mais cun mellor feitío derivado da súa filmación na nova técnica da Red One.
A sesión do vindeiro sábado estará conformada co pase das dúas curtametraxes para poñer en antecedentes ao espectador. Polo tanto, este Nadal, na Guarda, todo o mundo que o desexe poderá degustar dobre ración de berberechos!

Ningún comentario:
Publicar un comentario