
‘Dies dei’ é o primei
ro proxecto audiovisual realizado polo guardés Nani Matos como director e guionista, xa que a súa vinculación ao mundo audiovisual e as artes escénicas centrárase ata o de agora na interpretación. Na presentación da curtametraxe no Teatro Principal, o director estará acompañado por membros do equipo técnico e interpretativo.
Unha historia de maiores con coñecidos actores, ‘Dies dei’ presentouse ao público o pasado 30 de maio na localidade da Guarda, onde foi rodada, e agora preséntase en Pontevedra, localidade de residencia do director. A custametraxe conta unha historia intimista, de sentimentos afectivos entre unha parella de persoas maiores. Un drama que transpira problemas sociais como é a situación dos nosos maiores: soidade, enfermidades...
‘Dies dei’ conta cun elenco de actores moi coñecidos para o público galego, con Mela Casal e Xan Cejudo como protagonistas dun reparto que tamén inclúe a Susana Dans, Camila Bossa ou Luis Iglesia (estes dous últimos, protagonistas da exitosa serie galega Matalobos).
A curtametraxe, rodada en formato HDV, contou cunha axuda da Consellería de Cultura e Deporte no ano 2008 e coa colaboración do Concello da Guarda e a Asociación Cultural Morraceira, estreitamente vencellada ao audiovisual.
Na súa curta ainda, ‘Dies dei’ foi xa seleccionada en distintos festivais, como o Festival de Cine Galego e Portugués Filminho, o Festival de Cine Solidario de Guadalajara FESCIGU e o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, de Santiago de Compostela.
horario:
6 de novembro de 2009
Lugar:
Teatro Principal
prezo:
Entrada libre ata esgotar localidades
Ningún comentario:
Publicar un comentario