10 de xuño de 2011

MARSELLA




O FILME GALEGO "WIKINLAND" ESTREARASE MUNDIALMENTE





Xurxo González Rodríguez / Marsella




O documental galego “Vikingland”, dirixido polo guardés Xurxo Chirro e producido por Fílmika Galaika, forma parte da Competición Internacional do prestixioso FIDMarsella, cuxa 22ª edición sedesenvolverá entre o 6 e o 12 de xullo.


O certame francés é un dos festivais de referencia no ámbito da non ficción, e ao longo da súa historia consolidouse como unha cita imprescindíbel para comprender as mutacións do cinema contemporáneo ea crecente hibridación entre os rexistros narrativos e documentais. A estrea mundial de "Vikingland" terá lugar en Marsella no marco do festival o venres 8 de xullo e contará coa presenza do director, Xurxo Chirro.


SINOPSE


Luís Lomba “O Haia”, un mariñeiro da Guarda que traballaba nun ferry entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt, gravou a súa vida cotiá e a dos seus compañeiros durante diversas travesías, entreo outono de 1993 e o inverno de 1994. Ese material de arquivo é a base de Vikingland, ensaio experimental sobre a emigración galega no Norte de Europa que toma como inspiración o Moby Dick de Herman Melville.


BIOFILMOGRAFÍA DO DIRECTOR


Xurxo Chirro (A Guarda, España, 1973) é licenciado en Historia da Arte pola USC e traballou para a Axencia Audiovisual Galega e o AGADIC, organismos da Xunta de Galicia. Investigador, documentalista e crítico de cinema, colaborou con varios xornais e revistas e coordinador do libro Manoel de Oliveira (USC, 2004). Como guionista e director é autor dos filmes Os señores do vento (2008), 36/75 (2009), 13 pozas (2009) e Cellular Movie (2010).

Ningún comentario:

Publicar un comentario