1 de ago. de 2026

OPINIÓN

A todas as persoas amigas que pensades asistir a Festa de Amizade Luso-Galaica




Manuel Vázquez de la Cruz

 Amigos todos os que estades e pensades vir a Festa de Amizade Luso-Galaica e de todos os povos ou pobos do mundo, este ano entregarémoslle a nosa cesta da aldea a alcaldesa de Salceda de Caselas e a escritora e cineasta Margarita Ledo.

 A alcaldesa é amiga dos nosos, e apoia con forza a memoria, ten unha enorme e boa visión dos xeitos do vivir. E do que está acontecer. 

 O sonriso ao mundo vénlle dado de nacemento e o de transmitir bondade tamén. Ela mesma é bondade, compromiso e sempre aportando paz. 

 É boa xente, como está de moda dicir nun dito ben bonito. 

 “Aquí non vexo xente nova”, gritou, máis que dixo, nun acto na Volta da Moura. 

 Foi unha chamada a reflexión que a min chegoume moi adentro. 

 E a todos os presentes no acto dese día, esas verbas, déronnos que pensar. 

 Nos últimos escritos en Infogauda sempre estaba ela e súa preocupación pola xente nova.  

 Margarita é a Santa Liberdade, a escritora... 

 Galega sempre en exercicio. 

 O que vos escribe presume de querelas moito. É bonito e é moi fácil terlles moito cariño. 

 Tamén anuncia isto con moita alegría. 

 Lémbrovos que será o 12 de setembro desde a mañá a noite. 

 Música, poesía, alegría de vivir e amar a vida. Será en Sâo Bento do Cando, no restaurante de Kelsón, o noso amigo de Santo Tomé e Príncipe. 

 Xusto onde A Peneda empeza a medrar. 

 Pasaredes pola planicie do alto da Serra e veredes que todo é bonito. 

 Vivir todas e todos cun sonriso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario