1 de ago. de 2026

VIGO

A Xunta de Galicia adxudica por máis de 10,2 M€ a construción de 50 novas vivendas de promoción pública en Navia, no Concello de Vigo 

  A este investimento, súmanse os preto de medio millón de euros da redacción do proxecto e dirección de obra, así como o valor da parcela, urbanizada pola Xunta


O proxecto, redactado por Manuel Vázquez Fariña e Manuel Rodríguez Fontán, prevé a construción de dous edificios, un en cada parcela
Infografía: XdeG

Infogauda/Vigo

 A Xunta de Galicia vén de adxudicar por un importe de máis de 10,2 M€ (10.223.148,70 euros) as obras de construción de 50 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, no concello de Vigo.  

 A este investimento, súmanse os preto de medio millón de euros da redacción do proxecto e dirección de obra, así como o valor da parcela, urbanizada pola Xunta.  

 A obra foi adxudicada á empresa Xestion Ambiental de contratas, S.L.  

 O proxecto, redactado por Manuel Vázquez Fariña e Manuel Rodríguez Fontán, prevé a construción de dous edificios, un en cada parcela.  

 Na parcela M-IIIB-11 construirase un edificio para 18 vivendas, das que 12 será de tres dormitorios e seis de dous dormitorios, dúas das cales estarán adaptadas para o seu uso por persoas con mobilidade reducida.  

 Na parcela M-IIIB-12 construirase un edificio para 32 vivendas. Catorce vivendas disporán de dous dormitorios e seis de catro dormitorios.  

 Todas as vivendas disporán de praza de garaxe e rocho.  

As novas vivendas de Navia 

 A Xunta ten en marcha nesta zona da cidade de Vigo un total de 927 vivendas de promoción pública en Navia, das que están en obras 309 e o resto, 618, coa obra xa licitada ou adxudicada, moita a piques de comezar. Neste senso, a plataforma de contratos de Galicia tamén publicou onte á adxudicación das obras das 73 vivendas que se construirán nas parcelas MIIIB7 e MIIIB8 á empresa Construcciones Ramírez, por un importe de 14.762.549,63 €.  

 Ao tempo, a Xunta tramita dous Proxectos de Interese Autonómico (PIA) en Vigo para desenvolver solo onde construír vivendas, no ámbito do Ofimático e no de Ramón Nieto. No primeiro caso, o PIA, que prevé solo para 2.000 vivendas, xa conta con aprobación inicial. No ámbito de Ramón Nieto desenvolverase solo para outras 1.300 vivendas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario