31 de xul. de 2026

OIA

Continúa a campaña de compostaxe doméstica de Oia cunha nova entrega de materiais  

  

Esta semana o encontro tivo lugar no Centro Cultural de Pedornes
Foto: CO

Infogauda/Oia

 A campaña de compostaxe do Concello de Oia continúa a súa andadura e, esta mesma semana, celebrou no Centro Cultural de Pedornes unha nova sesión informativa e entrega de material. O encontro tivo lugar o mércores, 29 de xullo e contou coa incorporación de 8 novas familias á iniciativa de autoxestión dos biorresiudos.  

 Con esta nova edición continúa ampliándose a rede de fogares galegos comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar o lixo en abono natural de alta calidade. 

 Dentro do programa municipal, o Concello facilita aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso. 

 Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio, que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña. 

 As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: oia.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Concello de Oia por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario