22 de feb. de 2026

DEPORTES

PIRAGÜISMO

TEIXUGOS NA 1ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM: OURO E BRONCE PARA LUÍS, E BRONCE PARA MANU

 

Luís Fernández - no centro -, medalla de ouro en C1 sénior

Luís Fernández - á der. -, ta,çen logro medalla de bronce  en C1 sénior
Manu Ochoa - á der. - logrou medalla de bronce en K1 sénior


Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Comeza a tempada de slálom 2026 coa celebración da 1ª  Copa de España de slálom Olímpico en Mondariz esta fin de semana. Numerosa participación nesta primeira cita, con deportistas sénior e júnior de toda España, ata un total de douscentos dorsais. O tempo e os caudais axudaron a que o evento se desenrolara sen incidencias. Ao igual que a pasada tempada, cada Copa de España consta de dúas competicións diferentes, con podios nos dous días.     


 Representación do Club Deportivo Miño-Teixugos
         

 O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con cinco deportistas que tiveron un papel máis que destacado.

 A mellor actuación foi a de Luís Fernández en C1 sénior, que na xornada do sábado conseguiu o pase a finais onde rematou terceiro, facéndose co bronce. O domingo tamén acadou o pase a finais, pese a non facer unha gran baixada; xa na final fixo un percorrido perfecto e rapidísimo que lle deu a medalla de ouro cun primeiro posto a máis de dous segundos da medalla de prata.  Tamén competiu en K1  sénior, a pesares de non ser a súa especialidade, non acadou pase a finais en ningún dos dous días, rematando décimo quinto o sábado e décimo cuarto o domingo.              

 Manu Ochoa participou en K1 sénior. O sábado gañou con contundencia as clasificatorias, pasando a finais onde rematou terceiro acadando a medalla de bronce. O domingo acadou tamén pase a finais cunha boa baixada, e xa na final levaba un trazado moi rápido, pero un erro na ultima porta deixouna as portas da medalla cun cuarto lugar.              

 Emilio Rodríguez en K1 veterano, rematou terceiro nas clasificatorias dos dous días, acadando o paso á final, onde rematou cuarto tanto sábado como domingo.              

 Brais Álvarez, en K1 júnior, non conseguiu pase as finais, fixo dúas baixadas moi correctas pero lentas, rematando vixésimo cuarto e vixésimo sexto.           

 Alba Soutelo, en C1 sénior, acadou pase a finais nos dous días. O sábado fixo unha gran baixada, rematando sétima. O domingo varias penalizacións fixeron que rematara décimo segunda. Tamén participou en K1 sénior, o sábado entrou na final e rematou décima, o domingo non conseguiu entrar en finais, acabando décimo terceira. 

 Esta competición confirman a Luís e Manu como parte da elite do slálom en España. A súa próxima cita será na primeira fin de semana de marzo na Seu D´Urgell, onde comezará a disputarse a Copa Pirineus, proba internacional puntuable para o ranking mundial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario