18 de feb. de 2026

OIA

O Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2026 da Deputación


Casa do Concello de Oia
Foto: HombreDHojalata
  

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2026 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación do emprego). Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (4 prazas), e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.  

 Poderán beneficiarse desta iniciativa as persoas desempregadas inscritas na oficina de Emprego de Baiona, que fará a preselección de candidaturas. Posteriormente, o Concello encargarase da selección definitiva.  

 No seguinte cadro resúmese o número de prazas para cada posto, o perfil solicitado (xunto co código correspondente no que as persoas interesadas deberán inscribirse na oficina de emprego) e máis a duración de cada contrato:

PRAZAS

PERFIL/OCUPACIÓN

PERÍODO CONTRATO

1

Condutor/Operador de maquinaria forestal (CNO. 83221013)

De marzo a decembro

(10 meses)

2

Albaneis

(CNO. 71211015)

De marzo a setembro

(7 meses)

 

4

Peón Forestal

(CNO. 95431028)

De marzo a outubro

(8 meses)

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario