O alcalde da Guarda visita a vinoteca La Botica antes da súa reapertura
• La Botica reabre mantendo a súa esencia de vinoteca e degustación gourmet
Infogauda / A Guarda
O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.
Desta volta, trátase da reapertura de La Botica, a mans de Jennifer Martínez Borges. A idea do local non cambia, xa que continuará sendo unha vinoteca con degustación de produtos gourmet.
Segundo a nova xerencia, a elección do local foi moi importante, xa que pensa que é “o local máis bonito da Guarda”. Ademais, atrae a súa historia e encanto detrás, desde os tempos no que o local fora unha farmacia.
Roberto José Álvarez Carrero deulle á benvida ao mundo hosteleiro guardés e celebrou que “a reapertura de La Botica exemplifica que a economía local non cae, senón que rexorde, xa que un peche pode supor unha nova oportunidade para alguén, coma neste caso”.
A vinoteca La Botica, reabrirá as súas portas esta mesma tarde de venres, ás 18:30h.
Moita sorte!

Ningún comentario:
Publicar un comentario