A zona da Atalaia rehabilítase con zonas verdes e aparcamentos
• O proxecto - que conta cun orzamento de 385.000€ - tamén inclúe a iluminación do Museo do Mar e do contradique de Punta Xenete
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda deu comezo ás obras na zona da Atalaia para a súa recuperación e posta en valor. Deste xeito, contruirase un espazo de descanso e xogo, con zonas verdes e que servirá de unión entre a senda costeira e o paseo marítimo.
Ademais, esta intervención tamén ten como obxectivo crear un estacionamento disuasorio para turismos, caravanas e autocaravanas. A rehabilitación deste espazo busca potenciar a súa resistencia frente a cambios de clima, definindo mellor o seu uso plural de prioridade peonil.
O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, asegura que “a mellora da zona da Atalaia é unha petición cidadá desde hai anos, e, ao seu remate, a cidadanía da Guarda poderá desfrutar dun punto de encontro nun entorno inmellorable”.
Ademais, procederase á iluminación artística e eficiente do contradique de Punta Xenete e do Museo do Mar. Esta intervención busca garantir a seguridade, mellorar a accesibilidade e as condicións dunha zona con gran patrimonio cultural e ambiental. Deste xeito, ponse en valor os espacios singulares e atractivo e relacionados co patrimonio mariñeiro e foméntase o uso de espazos en horario nocturno.
En total, as obras contan cun orzamento de 385.000€ e realízanse a través do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado por NextGenerationEU.
.png)

.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario