24 de feb. de 2026

A GUARDA

Aberto o prazo para a adxudicación dos postos da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira   

A XXXIV edición dese destacado evento gastronómico celebrarase os días 3, 4 e 5 de xullo de 2026, no porto de A Guarda


O alcalde de A Guarda na presentación da edición precedente da  Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira 
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda segue apostando pola promoción da gastronomía coa celebración da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira na primeira fin de semana de xullo polo que abre o procedemento administrativo para a adxudicación dos postos para a celebración desta festa gastronómica.  

 No 2025, última edición da prórroga dos postos, acordouse ampliar a festa comenzando o venres no xantar e incrementando os metros da carpa para acoller a máis comensais.   

 Neste ano 2026 celebrarase a XXXIV edición da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira os días 3, 4 e 5 de xullo, e trala experiencia positiva do ano pasado manterase o mesmo formato:       

• A apertura da carpa e comezo da degustación iniciarase ás 12:00h do venres     

• Carpa de 1.200 m² para os postos, e con mesas e cadeiras para 600 persoas.  

 O total de postos ofertados son 9 ao igual que en 2022 realizase unha procedemento administrativo para a adxudicación dos seguintes postos:     

• 6 Restaurantes.     

• 1 Cafetería.     

• 1 Adega de DO Rías Baixas.     

• 1 Confeitaría.  

 A tramitación realizase mediante a licitación a través da plataforma de contratación do sector público do Estado, dispoñible no perfil do Concello da Guarda (expediente 63/2026). O prazo de presentación de proposición remata as 23:59h do martes 10 de marzo.  

 As persoas interesadas en participar nesta licitación deberán tramitar a través da plataforma de contratación pero na web do Concello inclúese a documentación para a súa descarga e facilitar o seu coñecemento: https://www.aguarda.es/aberto-o-prazo-para-a-adxudicacion-dos-postos-da-festa-da-langosta-e-da-cocina-marineira/

Ningún comentario:

Publicar un comentario