13 de xan. de 2026

ECONOMÍA



COMUNICADO SINDICAL CONXUNTO 

Convenio Conservas de Peixes

Madrid, 12 de xaneiro de 2026 

 No día de hoxe celebrouse no SIMA a reunión de mediación derivada do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo Estatal da Industria de Conservas de Peixes. Dita mediación no SIMA terminou sen acordo polo bloqueo da patronal. 

 Desde a representación sindical na comisión negociadora queremos trasladar con claridade que, aínda que quedan materias por tratar e reivindicacións por lograr, as dúas cuestións fundamentais que a patronal se nega a resolver:     

 • Néganse a unha clasificación profesional xusta, mantendo desigualdades entre grupos e categorías. 

 • Néganse a un aumento salarial que incremente a ganancia do poder adquisitivo. 

 Os sindicatos presentes na comisión negociadora advertimos á representación empresarial que non asinaremos un convenio que consolide desigualdade e perda salarial. Polo que a responsabilidade de manter o conflito aberto, é exclusivamente da PATRONAL.  

 Así pois, non queda máis remedio que manter as mobilizacións convocadas anunciadas no mes de decembro e que comezasen cunha manifestación o día 24 de xaneiro de 2026 e continuasen con dous días de folga os días 27 e 28 de xaneiro de 2026  

 Seguiremos informando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario