Inauguración mostra de arte ´A Semente de vencer’ sobre a figura de Moncho Reboiras
• Este martes, 2 de decembro ás 19:00 horas, no Espazo cultural Río Lagares de Vigo (rúa da Falperra, 16)
• Unha iniciativa da Comisión organizadora dos actos de conmemoración do 50º aniversario do asasinato de Moncho Reboiras pola ditadura franquista
Infogauda / Vigo
A Comisión organizadora dos actos de conmemoración do 50º aniversario do asasinato de Moncho Reboiras pola ditadura franquista convoca aos medios de comunicación ao acto de inauguración da mostra de arte ´A Semente de vencer’, integrada por obras sobre a figura de Reboiras, feitas para a ocasión por 14 artistas plásticos galegos e galegas.
No acto intervirán os membros da Comisión: Suso Seixo, Xesús Sanxoás, Xesús Chaves, e a comisaria da exposición, Vanesa Iglesias.
A mostra poderase visitar de martes a sábado de 18:00 a 20:00 horas até o vindeiro 12 de decembro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario