Os mercados de Tomiño e Goián reciben un impulso económico de 86.000 euros
• A Xunta outorgou ás prazas de abasto subvencións para o financiamento de diferentes accións durante os anos 2025 e 2026
Praceiras/os de Tomiño
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño
A transformación e modernización dos mercados municipais de Tomiño e Goián recibe un impulso histórico. Grazas á colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ambas as dúas prazas de abastos contan cunha axuda de máis de 86.000 euros para desenvolver actuacións que reforcen a súa calidade e servizos nos próximos dous anos.
No caso do mercado de Tomiño, o investimento subvencionable ascende a 35.581,38 euros para 2025 e 20.351,38 euros para 2026, coas correspondentes subvencións de 28.465,51 euros e 16.281,10 euros. Pola súa banda, o mercado de Goián contará cun investimento subvencionable de 4.764,50 euros en 2025 e 46.483,04 euros en 2026, coas axudas aprobadas de 3.811,60 euros e 37.186,43 euros, respectivamente.
Estas actuacións buscan manter o selo de excelencia das prazas de abastos, mellorar a experiencia dos clientes e apoiar o comercio local, reforzando a presenza destes mercados como espazos de referencia na economía e vida comunitaria do concello.

Ningún comentario:
Publicar un comentario