1 de dec. de 2025

A GUARDA

A Guarda iniciará o tempo de nadal nesta ponte, co acendido da iluminación das rúas  

Será este venres, 5 de decembro ás 19:00h  




Infogauda / A Guarda 

 A Guarda acenderá este venres, 5 de decembro a iluminación de nadal. O acendido oficial será ás 19:00 horas na praza do Reló, dando inicio ao ambiente de nadal na nosa vila.  

 A partir das 18:00h xa haberá na praza do Reló, actividades para os nenos e nenas, con xogos e pintacaras a cargo dos trasnos de Nadal. Xusto despois do acendido, estes trasnos invitarán a todos e todas a continuar bailando e cantando para dar benvida ao tempo de nadal na Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario