1 de dec. de 2025

A GUARDA

A Guarda cae eliminada na segunda fase do concurso de Ferrero Rocher  

A campaña de “Juntos brillamos más” por unha iluminación especial coñecerá o seu gañador o día 15  


O alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, con Jesús Vázquez, embaixador da campaña do Nadal “Juntos brillamos más”
Foto: A. C. G.

Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, luns 1 de decembro de 2025, o Concello de A Guarda fixo público o seguinte comunicado de prensa:

 A Guarda non conseguiu pasar de fase no concurso de Ferrero Rocher “Juntos brillamos más”. O concello galego logrou pasar a primeira criba, pasando de 17 municipios, un por comunidade autónoma, a só 5.  

 Aínda que non se logrou pasar, queremos agradecer a toda a xente e negocios que mostraron o seu apoio e promoveron a campaña pola Guarda, demostrando o orgullo que os guardeses e guardesas senten pola súa vila.  

 Remata deste xeito un mes que se viviu na Guarda con moita ilusión. Agardamos que a ilusión continúe para vivir estas datas tan especiais do Nadal.  

 Moitas grazas, A Guarda!

Ningún comentario:

Publicar un comentario