18 de nov. de 2025

A GUARDA

A Gala do Deporte recoñecerá aos clubs e aos deportistas da Guarda polas súas actuacións do 2024 e 2025  

 O próximo venres, 21 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural 




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda celebrará o próximo venres, 21 de novembro, ás 20:00 horas, a Gala do Deporte 2025. Un acto que quere recoñecer, non só o éxito dos e das deportistas guardeses/as, senón tamén os clubs que promoven o deporte na Guarda, sobre todo, nas xeracións máis novas.  

 O Centro Cultural acollerá este acto que porá en valor a importancia do deporte na vida guardesa, así como a súa diversidade: tenis, judo, petanca, patinaxe, remo…Disciplinas que practican diferentes xeracións desde os máis pequenos ata os máis maiores e veteranos.  

 Ademais, tamén haberá recoñecemento para aqueles deportistas guardeses que continúan levando o nome da Guarda nos seus logros por toda Galicia, España e incluso Europa.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario