O Trail do Trega logra récord de participación con 650 participantes
• A proba realizarase integramente polo Monte Santa Trega, dentro da Pontevedra Trail League, este domingo 23 de novembro
O alcalde e membros do goberno municipal de A Guarda, co presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes de Camposancos e o representante do NOKO, na presentación oficial do XII Trail do Trega
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Esta mañá tivo lugara a presentación oficial do XII Trail do Trega, no escenario que acollerá este evento deportivo, este domingo 23 de novembro.
A proba transcorrerá 100% polo monte Santa Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega, e onde os participantes terán oportunidade de gozar dunhas paisaxes inigualables. Ademais este ano contan con récord de participación, con 650 persoas insritas.
O XII Trail do Trega está integrada na Pontevedra Trail League (só a distancia longa) e constará de dúas distancias: a Mini Trail 12km (+450 metros) e a Gran Trail do Trega 18km (+810 metros). A Gran Trail realizará a súa saída ás 10:00h, e unha hora máis tarde farao a Mini Trail.
Trátase dunha proba aberta a todas as idades, tendo premios para a categoría sénior, absoluta, veteranos 40 e veteranos 50, repartidas por categoría feminina e masculina e por cada unha das probas, Mini e Gran.
O Concello de A Guarda e a Deputación de Pontevedra, en colaboración con NOKO e as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda e de Camposancos, organizan esta nova edición.

Ningún comentario:
Publicar un comentario