14 de nov. de 2025

A GUARDA

Convocadas a Comisión de Asuntos Económicos e a Comisión de Asuntos Plenarios  

  Para o día 19 de novembro de 2025 ás 8:30 e ás 8:45 horas, respectivamente, na Casa do Concello



Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 Por resolución do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, en data 14 de novembro, foi adoptado o acordo de convocar sesión ordinaria da Comisión de Asuntos Económicos, para o vindeiro día 19 deste mes, ás 8:30 horas, na Casa do Concello.

 Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

 1. Aprobación das actas da sesión ordinaria de data 17.09.2025 e da sesión extraordinaria de data 14.10.2025  

2. Expediente 2055/2025. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN CONVENIO ENTRE  O CONCELLO DE A GUARDA E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE  CAMPOSANCOS PARA REGULAR A PARTICIPACIÓN NOS IMPOSTOS DO CONCELLO  

3. ROGOS E PREGUNTAS” 

 Asemade, por resolución da alcaldía, está convocada para a mesma data - 19 de novembro - ás 8:45 horas - e no mesmo lugar - Casa do Concello - a Comisión de Asuntos Plenarios.

 Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 17.09.2025 

2. Expediente 2138/2025. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN CONVENIO RESIDUOS VIDRO 2025. 

3. Expediente 2805/2025. PROPOSTA ALCALDÍA APOIO DECLARACIÓN  INSTITUCIONAL FEGAMP 25-N 2025: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.  

4. Expediente 2784/2025. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL  SOCIALISTA PARA SOLICITAR A PUBLICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS  MUNICIPAIS POR CONCORRENCIA COMPETITIVA NO PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO.  

5. ROGOS E PREGUNTAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario