O IV Festival Sons da Guarda, organizado polo Coro Cantábile
• Celebrarase este sábado, 11 de outubro, ás 20:15 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Este sábado, 11 de outubro, ás 20:15 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, dará comezo o IV Festival Sons da Guarda.
O evento cultural contará coa participación do Coro Cantábile, como organizador do festival, e tamén intervirán comoa invitados, Avelino Ferreira López e a Magdalena Argibay, que participarán co oboe e o piano, respectivamente.
O Coro Cantábile ofrecerá temas tradicionais, e tamén máis contemporáneos, como o tema Recuérdame, da banda sonora da película Coco.
Deste xeito, o Coro Cantábile consolida a celebración deste festival e continúa aumentando as súas aparicións públicas, tanto en concertos como en festivais, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario