PIRAGÜISMO
A TEIXUGA LEILA ÁLVAREZ, SUBCAMPIOA DE ESPAÑA DE C1 INFANTIL E CAIAC CROSS
Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera
Os días 1, 2 e 3 de agosto celebrouse na canle de augas bravas de Alejico, en León, o Campionato de España de “Jóvenes Promesas” de Slálom e Caiac Cross. As augas do río Esla acolleron a máis de douscentos piragüistas das categorías cadete e infantil de toda España. O venres tiveron lugar as clasificatorias de cada categoría, nas que os dez mellores tempos pasan as finais a celebrar no sábado.
O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con once deportistas que viviron a emoción da máis importante competición do ano.
En C1 muller infantil A, Leila Álvarez superou as clasificatorias e na final tivo unha gran actuación, rematando segunda. Na mesma categoría, Catalina Sánchez rematou cuarta cunha gran final, e, Nerea Álvarez fixo unhas clasificatorias impresionantes pero na final a sorte non estivo con ela, rematando finalmente oitava. Estas mesmas deportistas participaron en K1, tamén pasaron todas á final. Leila Álvarez a piques estivo de conseguir unha segunda medalla ao rematar cuarta; Catalina Sánchez foi sétima; Nerea Álvarez novena; e Beatriz Sánchez décima.
Rita Olveira, en K1 Infantil B, tamén conseguiu meterse na final onde fixo unha gran baixada, rematando cuarta.
En K1 home cadete ningún conseguiu entrar en finais, Brais Álvarez acabou vixésimo oitavo e Iván Cruz trixésimo quinto.
Tampouco fixeron final en K1 Infantil A, Izan Vicente rematou vixésimo terceiro, Alejandro Barreiro vixésimo sétimo e Leo Álvarez vixésimo oitavo.
Lois Montenegro si conseguiu o pase a final na categoría K1 Infantil B, quedando finalmente noveno.
Tamén competiron en patrullas ou equipos, na que baixan a un tempo tres deportistas do mesmo equipo. Os teixugos gañaron a proba de C1 Infantil feminino. A de K1 infantil feminino rematou segunda, e na K1 Infantil home foron quintos.
E como remate o domingo celebrouse o Campionato de España “Jóvenes Promesas” de Caiac Cross. Comezaron coas contra reloxos: en Infantil B, Lois Montenegro foi quinto; en Infantil A, Izan Vicente rematou décimo noveno e Alejandro Barreiro vixésimo noveno; en cadete Iván Cruz foi vixésimo primeiro e Brais Álvarez vixésimo cuarto; en infantil B feminino Rita Olveira foi quinta e en Infantil B, Leila Álvarez terceira, Nerea Álvarez quinta e Catalina Sánchez oitava.
Leila Álvarez - a esq. - acadou dúas medallas de prata
Todas as nenas entraron na fase de loitas, e dos nenos so o conseguiu Lois. Rita, Nerea e Catalina caeron en cuartos de final, Lois rematou terceiro, conseguindo por tanto a medalla de bronce e Leila acadou o súa segunda medalla de prata deste campionato de España.
Lois Montenegro - a der. - coa súa medalla de bronce
Grandes resultados para o Club Deportivo Miño-Teixugos, que a pesares de non contar en Galicia cunha instalación adecuada para adestrar, fixeron unha gran competición, no que destacan as dúas pratas de Leila Álvarez, e o bronce de Lois Montenegro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario