O ALCALDE DE A GUARDA CONVOCOU UNHA SESIÓN ORDINARIA DA COMISIÓN DE ASUNTOS PLENARIOS
• Para o o mércores, 21 de maio de 2025, ás 8:30 horas, na Casa do Concello
Infogauda / A Guarda
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, vén de convocar unha sesión ordinaria da Comisión de Asuntos Plenarios, á celebrar o mércores, día 21 de maio de 2025, ás 8: 30 horas, na Casa do Concello, sito na praza do Reló, nº 5.
Os asuntos da convocatoria son os seguintes:
1. Aprobación das actas da sesión ordinaria de data 19.03.2025 e da sesión extraordinaria de data 23.04.2025.
2. Expediente 495/2025. PROPOSTA ALCALDÍA CESIÓN ESCOLA PORTELA A AVELAÍÑA 2025.
3. Expediente 1020/2025. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PSOE EN RELACIÓN AO CONTROL DA PRESENZA DO XABARIL NO MONTE TREGA.
4. Expediente 1021/2025. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PSOE PARA SOLICITAR A RESTRICIÓN DO ACCESO E APARCAMENTO DE VEHÍCULOS NA ZONA QUE VAI DESDE A PISTA DE SKATE ATA O CAMPO DE FÚTBOL DO PORTO DURANTE AS FINS DE SEMANA.
5. Expediente 1202/2025. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PSOE PARA A MELLORA DA SINALIZACIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA NO TRAMO DE ENTRADA Á GUARDA.
6. ROGOS E PREGUNTAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario