SAÍDA Á BAIXA LIMIA- SERRA DO XURÉS
• Organizada pola Asociación Cultural e Deportiva “XUNTANZA”
Miguel Ángel Martínez González* / Randufe (Tui)
Porque non podemos deixar de lado o contacto coa natureza e en boa compañía, aí vai esta interesantísima proposta.
• Data: sábado 7 de xuño de 2025
• Hora e lugar de saída: Centro cultural de Xuntanza de Randufe ás 8.30
• Hora e lugar de chegada: Centro cultural de Xuntanza de Randufe ás 21.00
• Custo da saída: 50 euros. Inclúe: autobús, comida e seguro.
• Inscrición: antes do 20 de maio no teléfono da Asociación (Teléfono: 646 646 500).
• Número de prazas limitado. Terán preferencia os socios/as e os seus familiares.
• Forma de pago: o domingo 25 de maio no centro cultural de 11.00 a 13.00.
• Programa:
• 11.00 Parada en Río Caldo.
• 12.00 Saída cara a Mugueimes.
• 12.15 Inicio de roteiro de baixa dificultade ou tempo de lecer na área recreativa de Mugueimes.
• 13.30 Saída cara Pitôes das Júnias. Comida. Paseo polo pobo de Pitôes.
• 16.45 Saída cara ó Museo e xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis.
• 19.00 Saída para Randufe.
• Observacións
- En caso de mal tempo anularase a saída.
- Aconséllase levar tarxeta sanitaria europea (é gratuíta e solicítase na Seguridade Social).
- Aconséllase levar calzado adecuado para andar polo monte, gorra e crema solar.
- Convén levar auga e froitos secos .
* Presidente da Asociación Cultural e Deportiva “XUNTANZA”
Ningún comentario:
Publicar un comentario