Á xerente do GALP Ría de Vigo – A Guarda, informa ás peixeiras sobre as axudas FEMPA
Infogauda / A Guarda
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, vén de acompañar á xerente do GALP Ría de Vigo – A Guarda, Mª Elena Herbello Puentes, á praza de abastos da vila guardesa. Alí as peixeiras da Guarda recibiron información sobre as axudas e subvencións do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), financiado pola Unión Europea, ás que poden optar para a renovación dos seus equipos de traballo: furgóns, básculas, iluminación…
Ademais, á xerente do GALP deulles uns agasallos a estas mulleres traballadoras: un mandil e un termo para o seu día a día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario