22 de ago. de 2025

TOMIÑO

No Concello de Tomiño en ningún momento se tomaron medidas para previr e/ou paliar os riscos dos incendios forestais




 Agrupación do PSdeG-PSOE / Tomiño

 Nestes días a nosa secretaria xeral, Violeta de Santiago, tamén secretaria do medio rural do PSdeG pontevedrés, e profundamente concienciada co medio ambiente e cos montes veciñais, criticaba a falta de políticas de prevención no Concello de Tomiño ante a vaga de lumes que asola a nosa Comunidade.

 Aparte de catro fotos e bonitas palabras publicadas, no Concello de Tomiño en ningún momento se tomaron medidas para previr e/ou paliar os riscos dos incendios forestais.

 "Concellos da contorna contan  cun comité de seguridade na que participan tamén as Comunidades de Montes, Traídas de Augas etc... para coordinar accións conxuntas ante a vaga de incendios forestais.

En Tomiño nin iso sequera! 😔

Non sei a que se dedican, a verdade".

 Sentenciaba Violeta onte a primeira hora en redes sociais.

 Logo destas verbas da voceira socialista, a alcaldesa convoca comité de seguridade (??) para este venres. Iso si, sen contar con quen realmente coñece o territorio e pode axudar para inventariar as pistas forestais ou comunicar a situación dos hidrantes nos montes, que son as Comunidades de Montes e as Traídas de Augas Veciñais. Ou sexa, reunión que non vai a supoñer ningunha mellora da situación.

 A falta de ideas e de impulso de iniciativas deste  goberno municipal, tamén neste ámbito, é patente, pois todos os pasos que está dando son totalmente a remolque dos acontecementos e comeza a ser  alarmante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario