EXHUMACIÓN FOXA SOUTELO
• Proxección do vídeo resumo dos traballos de exhumación, e presentación dos resultados da análise antropolóxica a cargo de Fernando Serrulla
• Martes, 26 de agosto, ás 19:00h no Auditorio Municipal
Ricardo Rodríguez Vicente / Salceda de Caselas
A Comisión da Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, xunto co Concello de Salceda de Caselas, convidan á toda á cidadanía ao acto de proxección do vídeo resumo dos traballos de exhumación na foxa de Soutelo, e a presentación dos resultados da análise antropolóxica a cargo de Fernando Serrulla.
Será o martes, día 26 de agosto, ás 19:00h no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas.
Fernando Serulla Rech
Fernando Serulla Rech (Madrid, 1959). Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Valladolid e Máster en Antropoloxía Física e Forense pola Universidade de Granada, realizou a Tese Doutoral ‘Antropología Forense de la Guerra Civil Española’ no Laboratorio de Antropoloxía do Departamento de Medicina Legal, Toxicoloxía e Antropoloxía Física da Universidade de Granada.
O Dr. Fernando Serrulla Rech, é Médico Especialista en Medicina Legal e Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Subdirección Territorial de Ourense), e exerce de forense en Verín. Súa presenza en Salceda de Caselas ten relación directa coa súa participación no proceso de exhumación da foxa de Soutelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario