A Guarda prepárase para celebrar o seu desfile de Entroido
• Este venres, 14 de marzo, ás 20:30h desde a rúa san Bernardo (A Esquina Famosa) ata á Alameda
Infogauda / A Guarda
O Entroido 2025 ainda non rematou na vila de A Guarda. Dese xeito, este venres 14 de marzo, ás 20:30h, desde a rúa san Bernardo (A Esquina Famosa), arrancará o Desfile de Entroido, que percorrerá as rúas Puerto Rico, Galicia e Rosalía de Castro, ata chegar á Alameda.
Vai ser - se a climatoloxía non o impide -, unha semana despois do previsto (debido á chuvia), cando á veciñanza de A Guarda e da súa contorna, desfrutará do Desfile de Entroido, que contará coa participación de máis de 650 persoas. Compoñentes da Asociación Cultural Xida; a Asociación Políticamente Incorrectos; o Centro Social Fuscalho; e dous grupos: un co tema “Circus show” e outro coa temática “Castelao visita as escolas de Fornelos”.
Tamén traerán carrozas e disfraces o Centro Veciñal e Cultural de Valladares; a Asociación de Veciños de Beade; a Asociación Cultural Pontellas; a Escola de Danza Ldanzia, de Gondomar; a Asociación Carnavales de Mañufe; a comparsa Ciklón; e a comparsa Talismán.
Ao remate do desfile, na Alameda comezará a festa con Dj Charlie, Darío GZ, Adrián Mesu e Christian Pereira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario