24 de ago. de 2025

A GUARDA

A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA VIBROU NO CONCERTO DO SEU XX ANIVERSARIO

 Celebrado o sábado 23 de agosto, no auditorio San Bieito, de A Guarda


A Agrupación Musical de A Guarda durante o concerto do seu XX aniversario
Fotos: Cedidas




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Agrupación Musical de A Guarda vén de celebrar cun concerto, o XX aniversario da súa presentación oficial. 

 O evento, que tivo lugar o sábado, 23 de agosto, de 2025, no auditorio ao aire libre San Bieito, de A Guarda, contou coa participación de David Álvarez Mariño, compoñente e presidente da Agrupación Musical de A Guarda, que exerceu de presentador do concerto. Ademais da benvida ao respectable público, tivo unhas verbas de agradecemento as persoas que fixeron posible a fundación da Agrupación Musical de A Guarda, así como as sucesivas xuntas directivas. Tamén agradeceu a todos os compoñentes que formaron parte da banda de música, así como ás súas respectivas familias. E por suposto, a todas as entidades (comercios, empresas, administracións públicas,...) e particulares, que veñen colaborando no sostemento  desta entidade cultural que é todo un orgullo para á cidadanía de A Guarda. 


Momento no que Pierre recibe de mans de David Álvarez, o diploma polos seus vinte anos na Agrupación Musical de A Guarda

 Houbo tamén un momento para premiar cun diploma, a un compoñente - Pierre (trombón) - que leva na banda de música da Agrupación Musical de A Guarda desde seus comezos.

 E a continuación, baixo a dirección de Víctor Luis Alonso Treinta, a Agrupación Musical de A Guarda, iniciaría o concerto conmemorativo do seu XX aniversario, interpretando o seguinte programa:

A Piña centenaria, de Vitor Resende.

• Moment for Morricone, de E. Morricone / J. de Meij.

• Charles Chapin selection, de Charles Chaplin / M. Peeters.

• Piratas del Caribe, de Klaus Badelt.

 Rematada esa primeira parte do concerto, con bandas sonoras orixinais de filmes, incorporáronse á banda de música da Agrupación Musical de A Guarda Ubaldo Zabala Arbulu (guitarra eléctrica), Enrique Vicente Morillas (baixo), e Jorge Fernández González (teclado), para interpretar conxuntamente, os seguintes temas:

• Stairway to heaven, de Led Zeppelin.

Sultans os swing, de Dire Straits / Mark Knopfler.

Nothing else matters, de Metalica.

Crazy train, de Ozzy Osbourne.

Smoke on the water, de Deep Purple.


 Enrique Vicente, Ubaldo Zabala e Jorge Fernández durante súa participación no concerto

 A continuación Víctor Luis Alonso Treinta, convidou a Ubaldo Zabala, Enrique Vicente e Jorge Fernández, a que se situasen na parte dianteira da banda de música, mentres a audiencia aplaudía súas achegas neste histórico evento.

 E para rematar o magnífico concerto, a Agrupación Musical de A Guarda, ofreceu ao respectable público, un bis, interpretando The Final Countdown, de Europe.

 E dese xeito, ante centenares de persoas que ateigaron a cabida das bancadas do auditorio San Bieito, que desde o minuto 1 ata o final do concerto mantiveron no lugar unha total comunicación coa banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, premiando con merecidos aplausos todas e cada unha das obras interpretadas, culminaria un concerto no que a Agrupación Musical de A Guarda vibrou e transmitou emoción ao respectable, que gozou co espectáculo musical que ofreceu a banda de música de A Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario