2 de out. de 2026

CULTURA

Falando na Cruzada


 Bernardina Vicente Castro, en setembro de 2026
Foto: Tini Andrés

Proxecto Socheo/A Guarda

 Qué arroutada me levou, despois de tantos anos sen facelo, a pasear polo alto da Cruzada?  

 A lectura do artigo que Xurxo Chirro publicou en Proxecto Socheo? 

 Xurxo escribiu para deixar memoria, digo deixar e non facer porque non sempre a temos a nosa disposición. Temos que agradecerllo porque amosounos un tempo concreto dun lugar concreto.  

 A identidade é, esencialmente, memoria, pouso de vida no tempo, sedimentos sociais.  

 No alto da Cruzada non vin, como noutrora, hortas con leitugas, cebolas, feixóns… que logo vendían na Praza de abastos. Cando eu era cativa non entendía ben porque unha praza se chamaba así…  

 Hoxe é unha zona residencial, con pequenos eirados, nos que medran algunhas verzas, e algún xardín.  

 Na Fonte da Cal non hai –afortunadamente- mulleres mallando nas mantas ou as roupas de traballo. Polos tanques de pedra corren augas limpas baixo a estática mirada de Brasilino dende o cartaz que colga na parede da fonte, por riba das vilas. Brasilino Álvarez, derradeiro alcalde republicano, nado na Cruzada en 1894, tomou posesión como alcalde o 15 de xullo de 1.936 e foi executado pola represión franquista o 7 de decembro do mesmo ano en Tui. En xuño de 2024, a Asociación de Memoria histórica e o concello da Guarda fixéronlle unha homenaxe e colocaron un monolito conmemorativo na Praza da Figueira.  

 Si a identidade é memoria, poderíase preguntar cómo andan diso os veciños da Cruzada.  

 Ao regresar pola estada que divide a Cruzada, pero sempre de cara o mar, sentada nun banco de madeira, a sombra dun rododendro, estaba ela.  

 De primeiras non me recoñeceu. Desconcerto na súa cara. Os 60 anos que pasaron por nós sen volver a vernos terá algo que ver.  

 Cando lle dixen de quen era filla e que me lembraba dela porque cando eu era cativa ía a traballar a miña casa, todo cambiou: Luz na súa cara, abrazos, e conversa.  

 -Si, ía traballar, pero túa nai era miña amiga. Aparte das pesetas do xornal, sempre me aquelaba algo para comer.  

 O longo de dúas horas, Bernardina Vicente Castro, muller presente na miña infancia e adolescencia, fixo un magnifico relatorio que me trouxo ao presente aqueles tempos nos que aquelar para sobrevivir era tarefa común de moitísima xente da Cruzada.  

 Tempos de fame, nos que non se comía quente en tódalas casas.  

 Tempos de friaxe coas casiñas a barlovento do Atlántico.  

 Tempos de desarraigo porque a emigración partía familias e vidas.  

 Bernardina está moi agradecida a unha familia pra que ela traballou, porque lle aquelou tódolos papeis para emigrar a Alemaña. Previo permiso do seu home para poder facelo, cousas daqueles tempos.  

 Ten moi ben arquivado na súa cabeza e no seu corazón o que supuxo poder saír da tristura de vida que a posguerra española do 39 ofrecía, e ir traballar na Alemaña da posguerra do 45. A  posibilidade de mandar os fillos a colexios é das cousas que mais estima.  

 Na miña memoria tiña vencellada A Cruzada coa figura desta muller valente, decidida, loitadora. Este verán do ano 26 do século XXI, a memoria de Xurxo Chirro (nado na Cruzada) encetou co a de Bernardina (nada na Cruzada), e as dúas coa miña.  

 E recibín un agasallo: a verba aquelar.  

 Bernardina utilizouna mais de cen veces nas dúas horas de conversa. Síntoa como un agasallo porque medrei oíndo a Bernardina falar arredor de min, pero non me apropiei deste “comodín” marabilloso da nosa fala.  

 A lingua, o galego que nos da identidade, é patrimonio inmaterial de todos nós.  

 Bernardina, sen sabelo, aqueloume a identidade.  

 Grazas.  

 Tini Andrés

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Atlético Guardés comeza a súa nova singradura europea esta fin de semana ante os seus 

• O pavillón da Sangriña acollerá este sábado e o domingo, a eliminatoria íntegra da Round 2 da EHF European League (12.00 horas ambos os días) ante o Boden sueco 

• A convocatoria continúa con ausencias e algunha dúbida e espera sumar reforzos de base 


Prolegómenos da final da European Cup de maio, no pavillón municipal da Sangriña
Foto: SportCoeco

Redacción Deportes/A Guarda 

 O Atlético Guardés enfróntase a unha fin de semana crave. As de José Ignacio Prades reciben este sábado e o domingo ao Handboll Boden sueco para xogar integramente a primeira eliminatoria da EHF European League ou Round 2, o primeiro asalto da súa nova aventura continental deste curso (sábado e domingo, 12.00 horas, A Sangriña). A convocatoria continúa con algunhas dúbidas e espera sumar reforzos da base. Ambos os partidos serán retransmitidos en directo na canle G2 e en agalega.gal.  

 O equipo baixomiñoto chega con ganas de seguir sumando, aínda que tocado polo ritmo competitivo. É difícil que un encontro tan físico como o deste martes en Lanzarote, en que o Zonzamas obrigou ás galegas para dar o 110% durante os 60 minutos, non pase factura dunha ou outro xeito, especialmente con pouco tempo de descanso e de preparación entre o seguinte reto. Os deste sábado e o domingo espérase que sexan partidos cunha dinámica similar no plano da esixencia de intensidade, aínda que, o mesmo que hai dous días nas Illas (24-26), o Atlético Guardés vai disposto a resistir o que lle boten e a tirar de carácter, experiencia, e tamén de bancada, para conseguir marcar a diferenza. 

 Así, chegando o mércores pola noite desa última viaxe ligueira, tanto onte xoves, como hoxe venres, a comitiva de Prades puido contar con dúas xornadas de preparación para este reto continental. Á alta concentración de duelos súmase, ademais, a dificultade engadida das indisposicións na convocatoria, pois Elena Martínez segue con molestias no xeonllo esquerdo e pendente de conclusións médicas definitivas, e hai dúbidas sobre a dispoñibilidade de África Sempere, dous factores que se suman á ausencia de María Cobo, que terá que esperar unhas semanas máis para volver ás pistas. Sumando todos eles, todo apunta a que o técnico baixomiñoto chamará a algún reforzo da base para nutrir unha convocatoria que debe aguantar dous partidos de alta esixencia en escasas 24 horas.  

 E é que se espera que o rival intente marcar o ritmo. O Boden, do norte de Suecia, defenderá un estilo de xogo diferente ao da liga española, moi físico e rápido con apoio das características do seu persoal, a gran maioría nativa do país nórdico e doutras zonas da parte máis boreal do continente: conta con xogadoras grandes, altas e fortes, e durante o verán realizou fichaxes enfocadas precisamente no éxito nesta competición.  

 O seu principal hándicap a ter en conta, en cambio, será a maior desvantaxe que xerou o seu calendario: chegaron onte xoves á Guarda despois dun longo itinerario de voos, autobuses e trens para desprazarse desde Partille, municipio no que ademais xogaron o mércores pola noite. A competición sueca, ademais, comeza moito máis tarde que en España, de xeito que o de hai dous días foi o seu primeiro encontro de Liga nacional, mentres que o Atlético Guardés conta xa con case dous meses de rodaxe ás costas. En canto ao seu desempeño inicial, o Boden caeu o mércores sen moitas opcións ante o IK Sävehof, actual campión, mesmo rival que as eliminou da Copa Sueca na fase de oitavos de final a comezos de setembro. Con todo, non cabe dúbida de que se trata dun rival de alto nivel, procedente dunha tradición de balonmán seria e con capacidade de disputar moitos títulos, que fará todo o posible por que o seu paso pola Guarda sexa máis que lembrado.   

José Ignacio Prades: “Intentaremos que a xente veña e poida botarnos un cable para competirlles de ti a ti ao equipo sueco” 

 O adestrador do Atlético Guardés, José Ignacio Prades, define esta fin de semana na Sangriña como “apaixonante”, froito deses “dous partidos realmente moi duros e complexos, ante un rival que este ano apostou por facer un gran equipo e por ter xogadoras de alto nivel”. O obxectivo do conxunto nórdico que trasladan os seus últimos movementos de mercado, explica o técnico, é reunir os efectivos (fichando ao adestrador do último campión e a algunhas xogadoras danesas da Champions, por exemplo) para poder disputar o título ligueiro sueco e para “competir con garantías en Europa”.  

 Polo xeral, froito de todo iso, Prades espera un rival “moi físico e que esixe moito”, caracterizado por ter “moitísima velocidade nas transicións e por ser moi potente, sobre todo no lanzamento exterior”. Un conxunto de factores que obrigan ás súas a “ter que traballar moi duro” en ambos os encontros, chamando ao apoio da súa afección e a intentar “que a xente veña, que nos poidan apoiar e botar un cable para intentar competirlles de ti a ti ao equipo sueco e ver que nos depara esta eliminatoria”.        

AXENDA 

EHF European League | Round 2 – Ida 

Boden Handboll IF – Balonmán Atlético Guardés 

Sábado, 3 de outubro | 12.00 horas | A Sangriña  

Retransmitido en directo por televisión na cadea G2 e en transmisión en continuo a través de agalega.gal 

EHF European League | Round 2 – Volta  

Balonmán Atlético Guardés – Boden Handboll IF  

Domingo, 4 de outubro | 12.00 horas | A Sangriña 

Retransmitido en directo por televisión na cadea G2 e en transmisión en continuo a través de agalega.gal 

A GUARDA

O CENTRO CULTURAL DA GUARDA SERÁ ESCENARIO DUNHA NOVA CITA CO TEATRO COA OBRA BIO CONSTRUCCIÓN,DE IBUPROFENO TEATRO  

• A representación terá lugar o venres, 9 de outubro, ás 21:00 horas, e propón unha reflexión sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, o sistema inmobiliario e as relacións humanas 

 



Infogauda/A Guarda 

 A Guarda terá o venres, 9 de outubro unha nova cita coa programación teatral no Centro Cultural, que acollerá ás 21:00 horas a representación de “Bio Construcción” da compañía Ibuprofeno Teatro, unha peza que combina surrealismo e absurdo para ofrecer unha mirada crítica e metafórica sobre a sociedade contemporánea.  

 A obra presenta a historia dunha parella que decide deixar atrás o teatro para trasladarse a un lugar remoto e iniciar, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A que inicialmente se presenta como a súa gran creación converterase nun proxecto vital que se prolongará durante trinta anos, toda unha vida de traballo afastada do mundo e marcada por un compromiso inquebrantable.  

 Ao longo da peza, o público asistirá á evolución desta historia, que emprega o humor, o surrealismo e o absurdo para abordar cuestións de gran actualidade. “Bio Construcción” propón unha reflexión sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o propio feito teatral e a estupidez humana na sociedade contemporánea.  

 Con esta nova proposta, o Concello da Guarda continúa achegando ao público unha programación cultural diversa e de calidade, convidando á veciñanza a gozar dunha noite de teatro e, ao mesmo tempo, a reflexionar sobre algunhas das cuestións que atravesan a nosa sociedade.

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA ORGANIZA UNHA NOVA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A COMPOSTAXE  

• A cita terá lugar o 7 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial

  


Infogauda/A Guarda

 O Concello da Guarda continúa coa súa aposta pola compostaxe cunha nova charla informativa no Salón de Plenos da Casa Consistorial o mércores, 7 de outubro ás 20:00 horas.  

 A charla axudará aos veciños e veciñas que solicitaron un composteiro a coñecer mellor a súa función e uso, mais tamén está aberta a toda persoa que teña un composteiro ou queira saber máis sobre a compostaxe.  

 O obxectivo da utilización de composteiros é reciclar correctamente a materia orgánica para obter un abono de alta calidade e coa charla as persoas participantes aprenderán a aproveitar os restos orgánicos para as hortas ou xardíns. Deste xeito apóstase pola economía circular ao tempo que se contribúe a reducir a produción de residuos e lixo e as emisións de CO2 á atmosfera.  

 O Concello da Guarda segue a repartir composteiros de xeito gratuíto entre os veciños e veciñas. As persoas interesadas en obter un composteiro, xa o poden solicitar a través de medioambiente@aguarda.es ou no 986 61 00 00.  

 Estas accións contan coas axudas da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

CAMINHA

Confluência - Festival de Bem-Estar de Caminha anima o Parque 25 de Abril já este domingo


Parque Municipal 25 de Abril
Foto: MdeC

Infogauda/Caminha

 O escritor Pedro Chagas Freitas é o convidado especial da primeira edição do Confluência - Festival de Bem-Estar de Caminha, que se realiza este domingo, 4 de outubro, no Parque Municipal 25 de Abril. 

 Sob o lema "Onde os caminhos se cruzam", o Confluência nasce com a ambição de criar um espaço de encontro entre pessoas, saberes e experiências distintas, convidando participantes de todas as idades a abrandar o ritmo, cuidar de si próprios e fortalecer ligações com os outros.

 Promovido por Sílvia Pinto e Isabel Varela, com o apoio da Câmara Municipal de Caminha, o festival decorrerá entre as 09h00 e as 19h00, com entrada livre, reunindo atividades, conversas, experiências e momentos de reflexão em torno do bem-estar físico, emocional e relacional.
 
 A presença de Pedro Chagas Freitas assume um significado especial neste contexto, numa ligação natural com os valores que inspiram o festival. Através da sua escrita e da forma como aborda temas como o amor, a vulnerabilidade, a autenticidade e as relações humanas, o autor acrescenta ao evento uma dimensão profundamente humana e emocional. Pedro Chagas Freitas estará connosco no Parque a partir das 14H00.

 O programa arranca às 08h45 com a abertura oficial e prossegue às 09h30 com uma sessão de Yoga e Banho de Som, dinamizada por Helena Antunes e Sílvia Pinto. Seguem-se diversos momentos de conversa e reflexão, começando às 10h45 com "O Poder da Intenção", por Joelma Duarte. Às 11h45 realiza-se a conversa "A Arte de Cuidar", moderada por Sílvia Pinto, com a participação de Isabel Varela, Inês Blanco e Maria Ferreira.
 
 Durante a tarde, às 12h30, terá lugar "Relações Sagradas", com Inês Antunes e Patrícia Labandeiro; às 14h00, a conversa "E Depois de Nascer?", com Marlene Ferraz, Hugo Rodrigues e Célia Coutinho; às 15h00, "Abraça o Teu Corpo", por Joana Martins e Edgar Ribeiro; às 16h00, "O Poder de Brincar", por Helena Antunes; e às 17h00, "Vida em Movimento", por Inês Caeiro. O encerramento está previsto para as 18h30, com sorteio final e momento de despedida.
 
 Ao longo do dia haverá ainda atividades dedicadas às crianças, momentos de convívio, música devocional e outras surpresas preparadas pela organização.
 
 Mais do que reunir um conjunto de atividades num mesmo espaço, o Confluência pretende afirmar-se como uma experiência transformadora, onde diferentes percursos, histórias e sensibilidades se encontram. A organização ambiciona que esta primeira edição represente o início de um projeto com continuidade, reforçando Caminha como território de encontro, partilha e qualidade de vida.
 
 O Confluência conta com o apoio da Caminha Vilage, patrocinador oficial desta primeira edição, um projeto que em breve inaugurará a Sénior Ancore, uma Residência Sénior dedicada ao cuidado e acompanhamento da população sénior e uma Unidade de Cuidados Continuados. Com uma forte aposta na qualidade de vida e no cuidado humanizado, este projeto constitui uma mais-valia para o concelho de Caminha, reforçando a oferta de respostas na área do envelhecimento, saúde e bem-estar.
 
 A realização deste evento reforça igualmente a aposta na promoção do bem-estar, da saúde emocional e do fortalecimento dos laços comunitários, contribuindo para a dinamização do concelho através de iniciativas abertas a toda a população.

CAMINHA

Equipamentos subterrâneos de deposição seletiva de resíduos em Âncora e Vila Praia de Âncora já estão em funcionamento


Além de reforçar a eficiência da recolha seletiva de resíduos, esta iniciativa contribui para a valorização do espaço público, para a melhoria da imagem urbana do concelho
Foto: MdeC


Infogauda/Caminha

 A Câmara Municipal de Caminha está a proceder à reparação e requalificação de vários equipamentos subterrâneos de deposição seletiva de resíduos (ecopontos) instalados em diferentes pontos do concelho, num investimento superior a 18 mil euros. A intervenção tem como objetivos assegurar o normal funcionamento destes sistemas, melhorar a qualidade do serviço prestado à população e promover uma utilização mais eficiente das infraestruturas urbanas.

 Depois da reparação do equipamento localizado na Rua da Retorta, em Caminha, foram concluídas as intervenções nos equipamentos instalados em Âncora, junto à Praia do Forte do Cão, e em Vila Praia de Âncora, junto ao skate park, que apresentavam sinais de desgaste e deterioração decorrentes da sua utilização contínua.

 Os equipamentos encontram-se já reparados e plenamente operacionais. Os trabalhos contemplaram intervenções ao nível da estrutura e dos sistemas de deposição, garantindo melhores condições para a recolha seletiva de resíduos, nomeadamente vidro, embalagens e papel/cartão.

 O próximo passo passa pela reparação do equipamento subterrâneo localizado na Avenida Manuel Xavier, em Caminha, junto ao edifício das Finanças, intervenção que permitirá concluir o conjunto de trabalhos previstos nesta fase.

 Além de reforçar a eficiência da recolha seletiva de resíduos, esta iniciativa contribui para a valorização do espaço público, para a melhoria da imagem urbana do concelho e para o fortalecimento das práticas de sustentabilidade ambiental.

MAR

España incumpre o convenio da OIT: esixe cotizar por mariñeiros que non residen no país, pero non pode garantirlles as prestacións  

•  Se os armadores da flota de palangre de superficie limítanse a cumprir a lei española, non cumpren cos seus mariñeiros, porque a Seguridade Social pola que cotizan non chega a quen vive noutro país, nin ás súas familias en caso de accidente ou enfermidade grave  

•  Orpagu lembra que o convenio 188 da OIT, en vigor en España desde 2024, está por encima da lei española, como xa entenderon Portugal e Francia  


Pescadores de palangre de superficie metendo a bordo un peixe espada
Foto: Industrias Pesqueras

Infogauda/A Guarda

 A Festa do Peixe España incumpre o convenio 188 da Organización Internacional do Traballo (OIT) sobre o traballo na pesca ao esixir cotizar polos tripulantes estranxeiros da flota de palangre  aínda sabendo que non existen convenios bilaterais cos seus países de orixe polo que non poderán acceder ás prestacións do sistema de Seguridade Social. Así o denuncia Orpagu, a organización de produtores con sede na Guarda, que pide ao Goberno que aplique dunha vez un convenio que está en vigor en España desde o 29 de febreiro de 2024. 

 Para que eses mariñeiros estean protexidos de verdade, os armadores contratan a maiores un seguro privado que cobre aos traballadores e ás súas familias no seu país de orixe. Unha situación surrealista que, segundo sinalan desde Orpagu,  non sofren outras flotas europeas, como a portuguesa ou a francesa. 

 O problema nace da forma en que traballan estes barcos. Levan bandeira española, pero faenan en caladoiros afastados e non volven a España, porque o gasto en combustible non compensa a viaxe e as descargas fanse en portos doutros países. Para a Administración, esa bandeira convérteos en empresas españolas para todos os efectos, tamén cando contratan a tripulantes estranxeiros que nin residen en España nin teñen intención de facelo. 

 Sobre o papel non hai problema. Pero se un deses mariñeiros enferma ou sofre un accidente, está a miles de quilómetros de calquera centro de saúde español, e un sistema pensado para quen vive en España non pode atenderlle. Se o armador se limitase a cumprir a lei española, non cumpriría coa súa tripulación. Para cumprir coas dúas cousas acaba sostendo dúas coberturas, e só unha delas protexe o mariñeiro. 

 O convenio da OIT, aprobado en 2007, parte doutra lóxica e encarga a seguridade social do pescador ao país no que reside habitualmente. E manda sobre a lei española. A Lei de Tratados de 2014 establece que un convenio ratificado e publicado prevalece sobre calquera norma interna coa que choque, salvo a Constitución, e obriga a todos os poderes públicos a respectalo. Francia, que o ratificou en 2015, e Portugal, que o fixo en 2019, entendérono así, sinala Orpagu, e as súas flotas traballan con tripulantes non residentes sen arrastrar este problema. España fixo a ratificación en febreiro de 2023 e o convenio entrou en vigor un ano despois, pero máis de dous anos e medio máis tarde a norma española segue sen cambiar. 

 Ninguén discute o que está a pasar. A Administración recoñece o problema, pero no canto de aplicar o convenio sostén que antes necesita unha norma con rango de lei publicada no BOE. Para Orpagu, coa Lei de Tratados na man, basta con aplicalo. Se o Goberno insiste na vía legal, a organización propón a máis rápida: incluír unha disposición adicional na primeira lei que se tramite, unha fórmula habitual que non obriga a sacar unha lei propia. 

 Mentres tanto, a protección real destes mariñeiros depende dun seguro privado e non do sistema público, e a bandeira española empeza a perder barcos: xa hai armadores de Orpagu co cambio de bandeira en marcha. E por parte dos traballadores afectados, xa hai quen está falando mesmo de que podería tratarse dun caso de apropiación indebida por parte da administración do Estado 

 "Nós cumprimos coa lei e cumprimos coa nosa xente, aínda que iso nos obrigue a pagar dúas coberturas. Quen non cumpre é a Administración, que nos esixe cotizar por uns mariñeiros aos que o seu sistema non pode atender porque non viven aquí, e que leva máis de dous anos sen aplicar un convenio que ratificou. Portugal e Francia aplícano. Nós só pedimos o mesmo", resume a directora xerente de Orpagu, Juana Parada. 

O precedente de Noruega 

 Non sería a primeira vez que a residencia deixa sen prestacións a mariñeiros galegos. Miles deles traballaron en barcos noruegueses entre 1948 e 1994 e quedaron sen pensión porque Noruega alegou que non residían alí. Levan anos nos tribunais e en 2023 chegaron á ONU. Orpagu advirte de que España se expón ao mesmo cando estes tripulantes pidan unhas prestacións que o sistema non pode garantirlles.

O ROSAL

O Rosal prepárase para recibir á Banda Xuvenil de Monção  


Ricardo Rodríguez Vicente/O Rosal

 O vindeiro domingo, 4 de outubro, o Auditorio Municipal do Rosal converterase nun punto de encontro para a música e a amizade entre Galicia e Portugal coa visita da Banda Xuvenil de Monção.  

 A formación portuguesa achegarase ao Rosal para ofrecer, a partir das 19:00 horas (hora española), un concerto de preparación de cara á súa participación no XIX Certame Galego de Bandas 2026, unha cita na que terá a oportunidade de mostrar o seu talento e o traballo desenvolvido nos últimos meses.

 Será, polo tanto, unha tarde especialmente significativa, non só pola calidade musical que se agarda do concerto, senón tamén polo valor do encontro entre dúas comunidades unidas por unha fonda proximidade cultural e musical. O público poderá gozar dunha actuación na que a música volverá exercer como ponte entre as dúas beiras do Miño.  

 Desde a Agrupación Musical do Rosal (AMDOR) queren dar unha calorosa benvida á Banda Xuvenil de Monção e acompañar os seus integrantes neste importante camiño cara ao certame. A asociación destaca a ilusión por compartir esta xornada de música, convivencia e amizade, ofrecéndolles a acollida e o agarimo que merece unha formación que chega ao Rosal con moitas ganas de facer soar os seus instrumentos.  

 A cita será o domingo 4 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal. Unha oportunidade para desfrutar da música en directo e, ao mesmo tempo, apoiar e acompañar a unha nova xeración de músicos portugueses nos momentos previos a unha importante cita musical.

 Desde o Rosal, xa só queda desexarlles moita sorte no XIX Certame Galego de Bandas 2026 e que o seu talento e a súa música brillen ben alto.  

 Agardámosvos no Rosal!

VILA NOVA DE CERVEIRA

Dia do Município 2026: Vila Nova de Cerveira homenageia mérito, dedicação e excelência 


A sessão solene assinalou os 705 anos da atribuição da Carta de Foral pelo rei D. Dinis e constituiu um momento de reconhecimento público do mérito nas áreas da cultura, arte, desporto, ciência, empreendedorismo, associativismo e serviço à comunidade
Foto: MVNdeC

Irene Pinheiro/Vila Nova de Cerveira 

 Vila Nova de Cerveira celebrou, esta quinta-feira, o Dia do Município 2026 com uma cerimónia de imposição de Medalhas Municipais, distinguindo pessoas e instituições que, através do seu percurso, dedicação e contributo para a comunidade, têm ajudado a construir e projetar o concelho.  

 Na sessão de abertura, no Cineteatro de Cerveira, o Presidente da Câmara Municipal, Rui Teixeira, revisitou alguns dos principais investimentos concretizados nas diferentes áreas de intervenção ao longo destes cinco anos de mandato, reafirmando o compromisso de governar Vila Nova de Cerveira com rigor na gestão, proximidade às pessoas, inovação e preparação do futuro. “Não queremos apenas gerir o presente. Queremos preparar o concelho para os anos seguintes, sendo certo que o Município existe, antes de tudo, para servir as pessoas”, afirmou.  

 Dirigindo-se aos homenageados, Rui Teixeira destacou ainda o orgulho de Vila Nova de Cerveira contar com cidadãos, instituições e coletividades que, através do seu trabalho, dedicação e mérito, têm contribuído para o desenvolvimento e afirmação do concelho, deixando uma marca na comunidade e levando o nome de Cerveira mais longe.  

 A sessão solene assinalou os 705 anos da atribuição da Carta de Foral pelo rei D. Dinis e constituiu um momento de reconhecimento público do mérito nas áreas da cultura, arte, desporto, ciência, empreendedorismo, associativismo e serviço à comunidade.     

Medalhas Municipais de Honra distinguem três personalidades  

 A mais alta distinção do Município, a Medalha Municipal de Honra, foi atribuída a:  

•  António Duarte da Cunha Machado, distinguido pelo percurso de mais de 12 anos à frente do Corpo de Bombeiros Voluntários de Vila Nova de Cerveira, reconhecendo-se o seu compromisso com a proteção e o socorro da comunidade cerveirense; 

•  Henrique Silva, em reconhecimento pelo seu percurso ligado à arte e à cultura e pelo papel desempenhado na afirmação da Bienal Internacional de Arte de Cerveira. Dirigiu a Bienal entre 1995 e 2007 e desempenhou posteriormente diversas funções na Fundação Bienal de Arte de Cerveira. 

•  Zadok Ben-David, reconhecendo a relevância do seu percurso artístico e a sua ligação a Vila Nova de Cerveira, nomeadamente através da participação na 22.ª Bienal Internacional de Arte de Cerveira, em 2022.    

Mérito Municipal reconhece cultura, desporto, ciência e empreendedorismo  

 No âmbito da Medalha Municipal de Mérito, foram distinguidas pessoas e instituições que se evidenciaram pelo seu contributo social, cultural, económico, humanitário e desportivo. 

No Grau Ouro, foram homenageados:  

•  Associação Desportiva, Recreativa e Cultural de Lovelhe, pelos seus 40 anos de existência e pelo contributo para o atletismo, a formação de jovens e o desenvolvimento do desporto; 

•  Centro de Cultura de Campos, que celebra quatro décadas de atividade, pelo seu relevante contributo para o desenvolvimento pessoal, social e cultural da comunidade; 

•  Coral Polifónico de Vila Nova de Cerveira, pelos 40 anos de dedicação à música e à cultura e pela projeção da identidade cerveirense; 

•  Luís Pedro Martins Lourenço, natural de Covas, distinguido pelo percurso desenvolvido no teatro, televisão e cinema, bem como nas áreas da encenação, autoria, cenografia, produção e formação.    

No Grau Prata, as distinções foram atribuídas a:  

•  Carla Patrícia Martins, pelo seu percurso de empreendedorismo e inovação no mundo digital, através da marca CANEVI; 

•  Carolina do Vale Cardoso Rodrigues do Souto, estudante e investigadora na área da robótica, pelo contributo para a conquista do título de Vice-Campeã do Mundo no RoboCup 2026, na Coreia do Sul; 

•  Rancho Folclórico Infantil e Juvenil de Gondarém, pelo trabalho desenvolvido na preservação, valorização e divulgação do património cultural e folclórico local; 

•  Rubén Sá Malheiro, bailarino e professor, pelo seu percurso de excelência na dança e pela forma como tem dignificado esta expressão artística.    

No Grau Cobre, foram distinguidos:  

•  Associação Cultural e Recreativa Minho na Vila, pelos 15 anos de atividade nas áreas do associativismo, cultura, etnografia e dinamização da comunidade; 

•  Inês Magalhães Carvalho, pelo seu percurso de participação comunitária, divulgação do concelho e valorização da cultura e identidade cerveirense; 

•  Unidade Local de Covas, pelo trabalho desenvolvido ao longo de 15 anos no serviço voluntário de proximidade, na proteção da comunidade, da floresta e do território.    

Município reconhece também 25 anos de serviço público  

 A cerimónia incluiu ainda a atribuição de Medalhas Municipais de Serviço Público – Grau Prata a três trabalhadores municipais que completaram 25 anos de serviço, pautados pelo sentido de responsabilidade e empenho: André Silva, Maria Cruz e Rui Romeu.        

 Com esta cerimónia, o Município de Vila Nova de Cerveira assinalou o Dia do Município como um momento de reconhecimento daqueles que, em diferentes áreas e através de diferentes percursos, contribuem para a vida coletiva e para a valorização do território.  

 De sublinhar que a celebração do Dia do Município arrancou com a apresentação de “Cerveira, um lugar de tempo”, o novo filme promocional de Vila Nova de Cerveira, realizado por Luis Lagadouro, com narração do ator cerveirense Luis Lourenço, banda sonora original de João Gigante e participação do pintor Henrique do Vale e das jovens cerveirenses Inês Carvalho e Madalena Pereira.  

 O filme convida a descobrir um território marcado pela memória, identidade, paisagem e arte, acompanhando Inês e Madalena num percurso por diferentes lugares do concelho, enquanto Henrique do Vale transforma em pintura as referências e elementos encontrados nessa viagem, num encontro final na Bienal Internacional de Arte de Cerveira que cruza território, experiência, memória e criação.  

 Vila Nova de Cerveira celebrou, assim, o seu passado, reconheceu quem constrói o presente e projetou o futuro, homenageando pessoas e instituições que fazem parte da sua identidade e da sua história.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Cerveira apresenta novo filme promocional sobre o território     


Vila Nova de Cerveira
Foto: MVNdeC

Irene Pinheiro/Vila Nova de Cerveira

 “Cerveira, um lugar de tempo” é o novo filme promocional dedicado a Vila Nova de Cerveira, realizado por Luis Lagadouro, que convida a descobrir o território a partir da sua memória, identidade, paisagem e relação com a arte.     

 Com narração do ator cerveirense Luis Lourenço e banda sonora original de João Gigante, o filme conta ainda com a participação do pintor Henrique do Vale e das jovens cerveirenses Inês Carvalho e Madalena Pereira.     

 Ao longo do filme, Inês e Madalena percorrem diferentes lugares de Cerveira, num percurso que dá a conhecer um território marcado pelo rio e pela montanha, pelo património, pelas suas gentes e pela criação artística. Em paralelo, Henrique do Vale percorre os mesmos espaços, recolhendo referências, formas e elementos da paisagem que transforma numa obra pictórica.     

 Os dois percursos acabam por se cruzar na Bienal Internacional de Arte de Cerveira, onde as jovens descobrem a obra criada pelo artista a partir dos lugares que acabaram de conhecer. O encontro traduz, assim, uma nova forma de olhar para o território, cruzando experiência, memória e criação.     

 Para o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira: “Este vídeo promocional é, acima de tudo, um convite a olhar para Cerveira com outros olhos, valorizando aquilo que nos distingue e que faz deste território um lugar único. A nossa identidade constrói-se a partir da relação entre as pessoas, a paisagem, o património e a cultura, e é precisamente esse cruzamento que o filme procura transmitir”.     

 “Queremos afirmar Cerveira como um território com identidade, criatividade e capacidade de se reinventar, sem nunca perder a ligação às suas raízes. Este filme mostra uma Cerveira que permanece fiel à sua essência, mas que também se projeta para o futuro, através da arte, das novas gerações e da valorização do nosso património natural e cultural”, acrescenta o autarca.     

 Entre o que permanece e o que se transforma, entre memória e futuro, “Cerveira, um lugar de tempo” procura responder a uma questão central: o que é Cerveira, hoje?  A resposta constrói-se através das pessoas, dos lugares e das experiências que dão identidade ao concelho, num território onde o tempo e o espaço se afirmam como oportunidade, da montanha ao rio, numa vontade constante de ser, todos os dias, este lugar.     

Vídeo: 

https://www.facebook.com/reel/3026105117748247

DESPORTOS

Urban Trail Night Eurocidade celebra 10 anos 

• E já tem inscrições abertas    




Vitor Salvador/Valença do Minho

 Já estão abertas as inscrições para a 10ª edição da Urban Trail Night Eurocidade Tui-Valença, a icónica prova noturna que, em 28 de novembro, volta a ligar Portugal e Espanha numa corrida única entre dois países, duas cidades e dois centros históricos.  

 A edição deste ano assinala uma década de história, sob o lema “10 anos a correr à noite. 10 anos a fazer história”.  

 As inscrições arrancaram com forte adesão. Nos primeiros cinco dias, já foram preenchidas mais de 250 vagas, confirmando o interesse que esta prova desperta entre os corredores populares de Portugal e Espanha e também junto de participantes de outros países.  

 Com duas distâncias disponíveis, 8 e 16 quilómetros, a Urban Trail Night Eurocidade distingue-se por proporcionar uma experiência de corrida diferente, em que o desafio desportivo se cruza com o património, a história e a paisagem noturna da Eurocidade.  

 A prova atravessa a Ponte Internacional sobre o rio Minho, ligando a Fortaleza de Valença ao centro histórico de Tui, e leva os atletas por cenários pouco habituais numa corrida convencional. Fortaleza, ruas e recantos da zona histórica de Tui, Catedral de Santa Maria e margens do rio Minho integram um percurso marcado pela diversidade, com troços de trilho e de asfalto, escadas, rampas e outros desafios.  

Os atletas interessados em participar podem já garantir a sua presença através de:  

Inscrições ATLETAS DE ESPANHA: 

▪️ https://bit.ly/UTN26_ES  

Inscricões ATLETAS DE PORTUGAL: 

▪️ https://bit.ly/UTN26_PT 

VALENÇA DO MINHO

Valença disponibiliza formação gratuita e plataforma para ajudar empresas a reduzir custos e emissões  




Vitor Salvador/Valença do Minho 

 O Município de Valença vai proporcionar às empresas do concelho uma formação gratuita e online sobre cálculo e gestão da pegada de carbono, no próximo dia 13 de outubro, às 10h00.  

 Esta é uma oportunidade para conhecer uma ferramenta digital que pode ajudar a identificar consumos, reduzir custos, diminuir emissões e preparar as empresas para as novas exigências ambientais e de mercado.  

 A participação no workshop “Dash2Zero – DIH4 Climate Neutrality” é gratuita e permitirá aos empresários conhecer, de forma prática, a plataforma GET2Zero Valença, uma solução digital que possibilita às empresas calcular gratuitamente a sua pegada de carbono.  

 Além da formação, as empresas do concelho podem aderir gratuitamente à plataforma GET2Zero.  

 Esta informação pode ser particularmente útil para as empresas que pretendam melhorar a eficiência dos seus processos, reduzir desperdícios e consumos, responder às crescentes exigências ambientais dos clientes e do mercado e preparar futuras estratégias de sustentabilidade e descarbonização.  

 A formação será realizada exclusivamente online, permitindo aos empresários participar e conhecer diretamente as funcionalidades da plataforma e as suas potencialidades para a gestão das empresas.  

 A participação é gratuita e pode ser feita através do link:  https://teams.microsoft.com/meet/324038676789679…  

 As empresas interessadas podem, desde já, aderir gratuitamente à plataforma através do link: https://dash.get2zero.pt/onboarding...  

 Valença é um dos cerca de 30 municípios portugueses que disponibilizam gratuitamente esta solução às empresas dos seus territórios, reforçando a estratégia municipal de apoio ao tecido empresarial e de promoção da inovação, eficiência, sustentabilidade e modernização das empresas.

TUI

Alba Farto impartirá na Biblioteca Municipal o obradoiro “Debuxar as letras”   

•  Será o próximo martes dentro do programa do Mes da Biblioteca.  É preciso inscrición previa

 


Infogauda/Tui

 A Biblioteca municipal de Tui acollerá o próximo martes, 6 de outubro, ás 17.30 h un obradoiro titulado “Debuxar as letras” a cargo da ilustradora Alba Farto, co que comezan as actividades do “Mes da Biblioteca” dirixidas á cativada.  

 Neste obradoiro, impartido pola debuxante e ilustradora Alba Farto, daranse os primeiros pasos na técnica de rotular letras empregando diversas ferramentas: tinta, pincel, rotuladores. Aprenderanse as bases para seguir practicando na casa e acabar escribindo con soltura, e por qué non, creando unha obra propia.  

 Rotular coñécese como a arte de debuxar letras bonitas a man. Falamos de debuxar e non de escribir, xa que cando escribimos facémolo de xeito mecánico e cando debuxamos facémolo pensando no resultado e no estilo. 

 Con este obradoiro búscase descubrir o desenvolvemento creativo, debuxar as letras e tamén favorecer a concentración e a relaxación. A actividade fomenta a concentración, desconecta das pantallas e dá renda solta á creatividade. Debuxar líneas con pincel e tinta china, para xogar cas formas das letras e deseñar un tipo de letra persoal, ao final darémoslle cor ás letras.  

 Os rapaces e rapazas interesados nesta actividade deben inscribirse na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal  

 Sonsoles Vicente Solla, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade , expica que esta proposta de obradoiro ten o obxectivo de descubrir e promover o desenvolvemento creativo dos usuarios da Biblioteca Municipal.  

 Esta actividade está inserida no programa de dinamización de bibliotecas públicas, Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. 

TUI

Éxito de participación nas actividades da programación do Setembro Xudeu 


Visitantes na exposición “La colección de sambenitos de la catedral de Tui: historia, memoria e infamia”
Foto: CdeT
Infogauda/Tui

 A concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, quere expresar a súa satisfacción polo éxito de participación social acadado nas actividades programadas ao longo do pasado mes de setembro para a promoción e difusión do patrimonio e legado vinculados ás comunidades xudías e criptoxudías radicadas en Tui ao longo dos séculos agrupadas baixo a denominación de “Setembro xudeu en Tui”.  

 Como en edicións anteriores foron as visitas guiadas, e especialmente a visita teatralizada e a nocturna, as que acadaron unha maior participación de asistentes, tanto veciños de Tui como xentes chegadas doutras localidades galegas. Mais de 500 persoas participaron nas catro visitas celebradas ao longo do mes o sábado 5, domingo 13, sábado 26 e domingo 27 de setembro.  

 Dada a positiva experiencia do pasado ano mantívose, en colaboración co Cine Club Tui, a proxección de senllas películas vinculadas coa temática destas xornadas, o xoves, 10 foi proxectado o documental “Adio Kerida” (2002) de Ruth Behar, e xoves 17 o filme de Louis Malle “Lacombe Lucien”, entre ambas proxección participaron máis de oitenta persoas.  

 O programa abrangueu as conferencias dos historiadores Suso Vila e Wanda Teplisky e a presentación do libro de Javier Bona “Las llaves de Sefarad” que reuniron a máis dun centenar de persoas.  

 Completou o programa a exposición “La colección de sambenitos de la catedral de Tui: historia, memoria e infamia”, que puidemos contemplar en Tui tras a súa presencia en Madrid, Llerena e Ávila e que axiña estará na cidade estremeña de Plasencia. Una exposición que foi visitada por diversos grupos escolares do noso municipio. Tamén se celebrou un novo concurso de fotografías, convocado pola Red de Juderias, tomadas na sesión de fotos ubicada na Oficina de Turismo e que posibilita participar en diversos sorteos. E a Biblioteca Municipal acolleu unha exposición bibliográfica e audiovisual, na biblioteca de cinema “Daniel Domínguez”, sobre obras de autores xudeus e temática asociada a esta cultura.  

 A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez, explica que os obxectivos destas actividades arredor do “Setembro xudeu”, como son poñer en valor a diversidade, a riqueza e a importancia histórica do acervo xudeu que atesoura a nosa cidade, están altamente cumpridos, agradecendo a participación da cidadanía nesta actividades.  

 Para a concelleira tudense esta programación contribúe moi positivamente á difusión e valorización do patrimonio cultural da nosa cidade onde o legado xudeu posúe especial relevancia. A integración de Tui na Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad no ano 2019 ten contribuído moi positivamente á difusión  do acervo patrimonial tudense sendo a única localidade da provincia de Pontevedra que forma parte desta rede.

MONDARIZ

Mondariz prepárase para vivir a emoción do Gran Premio de Carrilanas esta fin de semana 


O evento foi presentado polo alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Pablo Fernández López, así como representantes do goberno municipal de Mondariz e da organización
Foto: CdeM

Infogauda/Mondariz 

 Mondariz prepárase para vivir este sábado, 3 de outubro, unha xornada marcada pola velocidade, o deporte e a emoción coa celebración do Gran Premio de Carrilanas Mondariz, unha proba que reunirá participantes e afeccionados nunha cita xa destacada no calendario deportivo da comarca. 

 O evento foi presentado polo alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Pablo Fernández López, así como representantes do goberno municipal de Mondariz e da organización, que puxeron en valor a “importancia desta competición” e a súa capacidade para atraer público e dinamizar a localidade. 

 O Gran Premio de Carrilanas Mondariz será, ademais, unha proba puntuable para a Copa de España, a Copa de Galicia e o Campionato Condado Paradanta, polo que contará coa participación de deportistas que competirán por sumar puntos nas diferentes clasificacións. 

 A competición desenvolverase sobre un circuíto de aproximadamente 3 quilómetros de lonxitude, cun trazado deseñado para poñer a proba a habilidade e a destreza dos participantes. O percorrido contará con catro zonas de baixada, sobre un asfalto en perfectas condicións que permitirán aos pilotos sacar o máximo partido ás súas carrilanas. 

 A cita combinará así o carácter deportivo da competición coa tradición e o espectáculo propio das carrilanas, nunha xornada pensada tanto para os participantes como para o público que se achegue a Mondariz para gozar da proba. 

 Desde a organización e o Concello de Mondariz animan á veciñanza e ás persoas afeccionadas ao motor e ao deporte a achegarse este sábado para vivir en directo unha xornada de velocidade e emoción.

VIGO

Mobilízanse para rexeitar cinco despidos nun supermercado Eroski de Vigo 

•  O comité denuncia que tras a reforma do establecemento a dirección optou por eliminar varias seccións que estaban atendidas por persoal 


A concentración desenvolveuse ás portas do Eroski situado á altura do número 3 da praza Fernando O Católico de 11:00 a 12:00 horas para reclamar a readmisión das cinco persoas traballadoras despedidas
Foto: CIG

Infogauda/Vigo

 Persoas traballadoras e delegadas de Eroski e doutras empresas do comercio de alimentación mobilizáronse hoxe en Vigo para rexeitar os cinco despedimentos executados no supermercado da praza de Fernando O Católico. Dende o comité de empresa (CIG, CCOO, UGT, Fetico e CGT) denuncian que tras a reforma do establecemento a dirección optou por eliminar seccións que estaban atendidas por persoal, decisión que fai parte do cambio de modelo comercial iniciado pola compañía vasca e que tamén están a levar a cabo outras marcas do sector.

 A concentración desenvolveuse ás portas do Eroski situado á altura do número 3 da praza Fernando O Católico de 11:00 a 12:00 horas para reclamar a readmisión das cinco persoas traballadoras despedidas. Dende a representación da CIG no comité provincial denuncian que hai dous meses a propia empresa asegurou que a remodelación do supermercado non ía supoñer rescisións de contrato xa que o persoal sería recolocado noutros establecementos, “pero un mes despois as cinco compañeiras das seccións de panadaría, chacinaría e carnizaría recibiron as cartas de despido”.

 E iso porque estas seccións, que até o de agora estaban atendidas por persoal, pasan a ser de “libre servizo”, un modelo que están a implementar tamén o resto das principais cadeas do sector para reducir custes salariais e aumentar beneficios, como é o caso do formato ‘Tenda 9’ de Mercadona.  

 O comité de empresa de Eroski considera os despidos “totalmente inxustificados” e sinala que se producen ademais nun contexto xeneralizado de falta de persoal nos establecementos do grupo, “xa que a política de compañía é non cubrir baixas, permisos e vacacións”. En consecuencia, adiantan que seguirán a mobilizarse para rexeitar a decisión mentres non se resolvan os procesos xudiciais nos que se reclamará a nulidade dos despidos.

PONTEVEDRA

Festividade dos Anxos Custodios 

Abel Losada destaca os avances para a nova Comisaría Provincial en Mollavao 

• O subdelegado do Goberno preside o acto con motivo da festividade dos Ánxeles Custodios, patrón da Policía Nacional 

• A delincuencia convencional na cidade pechou 2025 cun 6% menos de delitos que en 2019, “un logro extraordinario” 


O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, nun momento da súa intervención durante os actos institucionais con motivo do Día da Policía
Fotos: SdoG

Infogauda/Pontevedra

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, destacou hoxe, durante os actos institucionais con motivo do Día da Policía, os avances para facer realidade nun futuro próximo a nova Comisaría Provincial da Policía Nacional. “Unha cuestión - explicou - que nunca fora trasladada a Madrid e que agora si que está nas mesas onde se toman estas decisións, respaldada por informes técnicos”.  

 Losada presidiu, xunto ao comisario provincial, Juan José Díaz, o acto conmemorativo da festividade dos Ánxeles Custodios, patrón da Policía Nacional, no que agradeceu o traballo diario dos homes e mulleres que integran o corpo e a súa contribución á seguridade e á convivencia na cidade. 


Un momento da entrega de medallas

 Durante o acto entregáronse 19 medallas, das que 13 corresponderon a axentes da Comisaría de Pontevedra, unha a un axente de Vilagarcía de Arousa, dúas a axentes de Marín e outra a un axente de Tui. Ademais, foron distinguidos o fiscal delegado provincial antidroga, Servando Caíño da Silva, e o comandante da Garda Civil Alfredo Castro Pérez. 

 Ao respecto da nova Comisaría, o subdelegado lembrou que xa se tramitou o informe urbanístico do Concello de Pontevedra para a parcela de Mollavao, actualmente ocupada pola Casa do Mar, e tamén o informe do servizo de Arquitectura da propia Policía Nacional. O subdelegado explicou que a liberación da parcela está condicionada ao futuro traslado do centro médico da Casa do Mar ao hospital Montecelo. Losada tamén desexou que Pontevedra poida contar cunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) reforzando a súa Comisaría, unha petición que tamén foi trasladada e depende agora das decisións operativas que tome a propia Policía Nacional.   

Sete anos mantendo a raia a delincuencia 

 O subdelegado puxo tamén en valor os datos de seguridade da cidade. A Comisaría de Pontevedra pechou 2025 con 2.353 delitos convencionais, fronte aos 2.515 rexistrados en 2019, o que representa un descenso acumulado do 6%. “Levamos sete anos mantendo a raia a delincuencia”, destacou Losada, quen cualificou o resultado como “un logro extraordinario” e sinalou que supón tamén “un listón moi alto para os anos vindeiros”. 

 O subdelegado atribuíu estes resultados ao traballo dos integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade e á estreita coordinación coa Policía Local. “A seguridade é, sempre, unha conquista colectiva”, afirmou. 

 Losada destacou que Pontevedra se mantén no grupo das capitais de provincia máis seguras de España e incidiu na relación entre seguridade, convivencia e calidade de vida. “Calquera modelo de benestar e convivencia comeza, obrigatoriamente, pola seguridade. Sentirse seguros, saber que se xorde un problema a Policía Nacional estará aí para protexernos, é o piar fundamental da nosa liberdade”, sinalou. 

 O subdelegado rematou agradecendo a vocación de servizo público dos integrantes da Policía Nacional e reivindicando o seu papel na protección dos dereitos e liberdades da cidadanía. “Os tempos cambian e os retos vólvense máis complexos, pero a Policía Nacional sempre responde”, concluíu.