As carrilanas e triciclos tomarán de novo A Guarda
• O enxeño que caracteriza as carrilanas convida a asistir a ese evento a centos de persoas na rúa Concepción Arenal, o sábado 30 de agosto, ás 18:00 horas
Infogauda / A Guarda
A Festa das Mercedes arranca outro ano máis coa baixada das carrilanas. Organizada pola Asociación de Veciños O Percamino, en colaboración co Concello de A Guarda, esta oitava edición celebrarase o sábado 30 de agosto a partir das 18:00h.
Dese xeito, a praza de Avelino Vicente - onde se concentrarán as carrilanas e triciclos, e a posterior saída de cada vehículo participante - e rúa Concepción Arenal, volverán ser os escenarios principais desta baixada, ata o seu remate na rúa do Porto.
Ademais das carrilanas, tamén participarán varios triciclos.
Este evento promete de novo encher a rúa Concepción Arenal de público para ver estas carrilanas que cada ano sorprenden máis polas súas temáticas e orixinalidade.
Para participar, as carrilanas deben ser para 2 persoas, cun máximo 1,6 metros de ancho x 2,4 metros de longo; ter freo e levar casco.
Para máis información e inscricións, os números de teléfono de contacto son os seguintes: 661 281 254; 649 887 379 ou 647 607 456.
Ningún comentario:
Publicar un comentario