17 de feb. de 2025

DEPORTES

 JULIA VAQUERO, DE NOVO NO PODIO


Julia Vaquero no podio da Carreira Calvario 5+5
Foto: Cedida


Redacción Deportes / A Guarda 

 Esta fin de semana, a atleta Julia Vaquero Sousa demostrou que segue nun estado de forma espectacular.

  En Vigo, na Carreira Calvario 5+5 acadou a segunda posición na clasificación absoluta, só superada pola campioa paralímpica, Susana Rodríguez Gacio.  

 Deste xeito, Julia Vaquero quedou 1ª na súa categoría (F3), nunha proba onde exerceu de madriña, homenaxeando a esta grande atleta guardesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario