O Concello de A Guarda busca o benestar mental do alumnado do IES A Sangriña
• As charlas e actividades estarán dirixidas ao alumnado de 1º e 2º da ESO, e impartidas pola psicóloga Andrea Iglesias
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda organiza durante o mes de febreiro o proxecto “Eu SaudableMente” no IES A Sangriña.
Este programa busca fortalecer e protexer a saúde mental do alumnado e o coidado e benestar da mocidade. As charlas e actividades estarán dirixidas ao alumnado de 1º e 2º da ESO, e impartidas pola psicóloga Andrea Iglesias.
Nas diferentes xornadas do proxecto, o alumnado participante enfocarase na intelixencia emocional; no desenvolvemento da autoestima; na sexualidade positiva; e na reflexión do uso das redes sociais.
Esta actividade diríxese á mocidade en idade de desenvolvemento da personalidade, das relacións afectivas e de crecemento e cambio físico. Deste xeito, poderán detectar posibles problemas emocionais propios, ou na contorna, e ser o axente e potenciador de cambio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario