A OMIX organiza un obradoiro de costura para principiantes
• Impartirase os sábados 22 de febreiro e 1 de marzo de 10:30 a 13:00 horas
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información XuveniL (OMIX) do Concello de A Guarda lanza o obradoiro para principiantes “Non sei coser nin un botón” para achegarse ao mundo da costura sinxela.
As persoas participantes aprenderán os principios básicos para aplicar á vida diaria: arranxar descosidos con diferentes puntadas; coller baixos a saias e pantalóns; amañar rotos de forma creativa; coser botóns e trucos para a reciclaxe.
O obradoiro impartirase os sábados 22 de febreiro e 1 de marzo de 10:30 a 13:00 horas e todos os materiais necesarios proporcionaranse alí mesmo. Ao remate do obradoiro, cada participante poderá levarse o seu propio bolsiño, carteira ou funda de gafas.
Para inscribirse, hai que mandar un correo electrónico a informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario