19 de nov. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMPAÑÍA HELIOS TEATRO PRESENTA Y A USTED ¿QUÉ LE SUCEDE? ”

 O sábado 23 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos




Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 O teatro está, de novo, a punto de chegar a Camposancos. Grazas a asociación Rego de Vicosán, coa colaboración da Comunidade de Montes e ao abeiro do plan Culturea, da Deputación de Pontevedra; o sábado 23 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, poderemos desfrutar cunha representación da obra  “Y a usted ¿qué le sucede?.

 Dirixida por Alejandra Abreu, a peza teatral será posta en escea polo elenco actoral da compañía Helios Teatro. 

 A trama xira sobre un grupo de pacientes con trastorno obsesivo compulsivo que coinciden na sala de espera da consulta dun gran psicólogo. O doutor retrásase e na espera sucédense divertidas e peculiares situacións.

 Trátase dunha proposta cultural para pasar uns momentos divertidos en boa compaña.

 A entrada é de balde, ata completar á cabida.

O ROSAL

Tarde de música, homenaxe e emoción no Rosal co concerto de Santa Icía 2024  

 A Agrupación Musical do Rosal conmemora este día cun concerto, coa colaboración especial do pianista Javier Ares, e unha homenaxe a Antonio Granja e Suso González  

▪Este sábado 23 de novembro, ás 19.00 horas, no auditorio municipal. Entrada de balde   




Infogauda / O Rosal

 O Rosal prepárase para vivir unha xornada especial para conmemorar Santa Icía, patroa dos músicos. A Agrupación Musical do Rosal organiza para este sábado 23 de novembro, ás 19.00 horas - con entrada de balde - un espectacular concerto que encherá o auditorio municipal de emoción e talento para celebrar unha das citas máis agardadas do ano.  

 Baixo a batuta de Javier Alonso, o concerto contará cun programa excepcional que inclúe a benvida aos novos membros da banda, que debutarán nunha tarde repleta de grandes momentos. Nesta ocasión, a Agrupación contará ademais coa colaboración especial do pianista Javier Ares, catedrático no Conservatorio Superior de Música da Coruña, que achegará a súa mestría cunha actuación que promete ser inesquecible.  

 Outro dos momentos destacados será a homenaxe a Antonio Granja e Suso González, figuras clave na Agrupación Musical do Rosal, cunha dedicación e legado que deixaron unha fonda pegada na comunidade musical rosaleira. A Agrupación aproveitará o concerto de Santa Icía para compartir ademais co público a ledicia do primeiro premio acadado recentemente no Certame Galego de Bandas.  

 Dende o Concello convídase a toda a veciñanza a gozar dunha tarde única de música, recoñecemento e celebración, consolidando así o concerto de Santa Icía como unha cita imprescindible no calendario cultural do Rosal. 

O ROSAL

300 anos de historia no corazón do Rosal  

 O Concello celebra unha nova edición das Xornadas de Patrimonio cunha charla o 22 de novembro sobre o retablo barroco da igrexa de Santa Mariña 

  



Infogauda / O Rosal  

 O retablo barroco da igrexa de Santa Mariña está de aniversario: 300 anos, tres séculos de historia que o converten nun auténtico tesouro cultural do Rosal. Para conmemorar este fito, o Concello celebra unha nova edición das Xornadas de Patrimonio o vindeiro venres 22 de novembro, ás 20.00 horas, na igrexa de Santa Mariña, cunha charla na que este histórico retablo será o protagonista. 

 A actividade contará coa participación de D. Julio Ramos Rodríguez, párroco do Rosal, quen achegará unha visión única grazas a unha intensa investigación no arquivo parroquial a través da que descubriu a data de construción do retablo e o nome dos artesáns que lle deron vida colocándolle o pan de ouro. Porén, o autor do retablo continúa a ser descoñecido. 

 O párroco estará acompañado ademais por Juan Manuel Monterroso, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, que contextualizará este retablo nunha análise máis ampla falando da ‘Forma, devoción e ilusión. Aproximación histórica ao retablo barroco galego’. 

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destaca a importancia de celebrar un ano máis estas xornadas de balde abertas a todos os públicos, “unha oportunidade excepcional para poñer en valor o noso legado histórico e para achegar á veciñanza a riqueza artística, cultural e patrimonial que temos tan preto de nós”. 

 Pola súa parte, o concelleiro de Patrimonio, Carlos Villanueva Domínguez, anima a toda a veciñanza rosaleira a participar nesta xornada e achegarse un pouco máis á historia do retablo de Santa Mariña, “unha xoia que merece ser coñecida e celebrada. É un orgullo poder compartir esta parte da nosa historia cunha actividade que une coñecemento, arte e comunidade”.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Autarquia desafia 200 alunos a projetar o futuro do Castelo de Cerveira através de curtas-metragens  


O Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira  com alunos numa visita o Castelo de Cerveira
Foto: C.M.V.de C.

Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 ‘Curtas do Castelo’: este é o mais recente projeto cultural e comunitário que, ao longo do ano letivo 2024/2025, envolverá cerca de 200 alunos a frequentar a Escola Básica e Secundária e a ETAP de Cerveira na criação de curtas-metragens centradas no Castelo de Cerveira. Lançado pela Câmara Municipal, no âmbito do projeto ARCHETICS financiado pelo programa URBACT, o presente desafio incentiva os jovens a reinterpretar e redescobrir o Castelo, reforçando o sentimento de identidade e coesão social na comunidade e dando contributos para que o Castelo volte a ser um símbolo vivo e ativo da história, economia e turismo.  

 A dinamização deste projeto de curtas-metragens sobre o Castelo de Cerveira pressupõe o envolvimento de alunos em contexto escolar. Quatro turmas (5º ao 8º anos) do Agrupamento de Escolas de Vila Nova de Cerveira e três turmas do ensino secundário (10º ao 12º anos) da ETAP Cerveira vão colocar à prova a sua criatividade, promovendo o conhecimento histórico e cultural local e a construção de novos corredores culturais que refletem e disseminam os valores europeus comuns, através da exploração da relação entre o Castelo de Cerveira e a vida local, recorrendo à história, a lendas locais, ou até mesmo a visões futuristas do papel do Castelo na sociedade.  Para o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, “este laboratório comunitário urbano incide numa premissa fulcral do trabalho encetado: o futuro. Esta iniciativa conecta a juventude como essência do desenvolvimento futuro e as potencialidades que o Castelo tem para o futuro”. Rui Teixeira acredita que “o envolvimento de vários públicos de faixas etárias diversas permite reunir reflexões e propostas diferenciadas que possam ajudar a devolver a centralidade do Castelo na vida social da comunidade. Espero que as curtas-metragens apresentadas possam mesmo projetar o nosso ‘ex-libris’ no futuro, voltando a ser um ponto de referência dentro e fora das muralhas”.  

 ‘Curtas no Castelo’ tem subjacente um processo criativo devidamente delineado, com visitas guiadas ao Castelo para aprofundar a sua história e importância; e a realização de oficinas de cinema, de forma a capacitar os jovens na vertente audiovisual e cinematográfica, com formação em guionismo, tecnologias e técnicas. Temas como lendas locais, personagens históricos ou eventos importantes podem ser abordados, bem como a mistura de factos históricos com elementos de ficção ou fantasia, permitindo uma abordagem mais livre.  

 As filmagens devem priorizar tecnologia acessível para gravar e editar as curtas-metragens, permitindo que os alunos se envolvam diretamente no processo sem a necessidade de utilizar outros equipamentos; bem como o processo de edição também deve ser com recurso a plataformas simples. Pelo cariz comunitário, este projeto culmina com um Festival de Curtas do Castelo, no qual serão exibidas as curtas-metragens, além de assegurar uma Exposição Online, com publicação dos trabalhos em plataformas digitais como o YouTube, permitindo um alcance mais amplo e uma maior interação com o público.  

 De realçar que esta iniciativa resulta de uma proposta incluída no Plano de Ação Integrado, do Grupo de Ação Local afeto ao projeto ARCHETICS, financiado pelo programa URBACT, do qual o Município de Vila Nova de Cerveira faz parte juntamente com mais nove cidades da União Europeia, partilhando a presença de um património ligado a um passado controverso, e abrindo novas perspetivas e oportunidades que potenciem esse património dissonante. 

TOMIÑO

Os escolares de Tomiño agradecen o seu dereito á información e á participación na toma de decisións 

 A alcaldesa presidiu o pleno infantil celebrado hoxe no marco do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, oportunidade na que nenos e nenas propuxeron formas para incrementar e mellorar a súa participación na sociedade  


O pleno estivo presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Mocidade, Agustín González. No hemiciclo tamén estiveron dous representantes de cada centro educativo máis dous voceiros do Voces Novas, de Tomiño

Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño 

 Agradecer a creación do Consello da Infancia e Adolescencia Voces Novas, como órgano de comunicación e participación deste sector da poboación co resto da sociedade e concretamente co Concello de Tomiño, foi a tónica xeral do discurso do alumnado representante dos cinco colexios que participaron hoxe no pleno infantil celebrado esta mañá no Auditorio Municipal de Goián.  

 O pleno estivo presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Mocidade, Agustín González. No hemiciclo tamén estiveron dous representantes de cada centro educativo máis dous voceiros do Voces Novas, de Tomiño. A rexedora explicou que o pleno celebrábase no marco do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro, coa consigna especial de propor formas de incrementar e mellorar a participación dos menores na vida pública.  “En Tomiño temos un compromiso firme coa infancia e a mocidade; esforzámonos para que a vosa participación sexa algo real, activo e transformador”, afirmou González. E nesa liña, resaltou a creación do Consello Voces Novas no ano 2017 que “sirve como unha canle permanente para que as vosas propostas, ideas e inquedanzas sexan escoitadas e teñan un impacto real nas decisións que tomamos no Concello”.  

 A alcaldesa lembrou ademais que Tomiño foi un dos primeiros concellos de Galicia nomeado por UNICEF “Cidade Amiga da Infancia” polo traballo desenvolto nese eido “para que Tomiño sexa un lugar no cal a infancia sexa respectada, valorada e protagonista”, asegurou.  

 Os escolares fixeron tamén outras suxestións e propostas de mellora como no caso do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, a creación dun pavillón deportivo, ou no de Barrantes, a  instalación dunha caixa de correo en cada centro educativo, para comunicar ideas, problemas ou propostas, Asemade, pediron que un representante do Concello visite os colexios cada un tempo, ou a creación dun apartado na web municipal para facer suxestións ou preguntas ao goberno. 

 No CEP Pedro Caselles Beltrán reivindicaron o dereito á participación a través de Voces Novas e suxeriron a creación dunha ludoteca, máis actividades extraescolares e a posibilidade de elixir textos para a futura biblioteca.    

 Pola súa banda, o CEIP de Sobrada, solicitou un buzón infantil no Concello, un consello infantil intercentros, e o deseño dunha aplicación para poder participar por internet. O CEIP de Tebra pediu tamén un buzón de peticións e suxeriu tamén un transporte para levar aos representantes dos distintos coles a falar periodicamente cos gobernantes municipais. 

TUI

Robín Trigas inaugura este xoves a mostra “Después de que nos hayamos ido” 

 O pintor, afincado en Tui, presentará a súa obra na Sala Municipal até o 11 de xaneiro  




Infogauda / Tui

 Este xoves, 21 de novembro, ás 19.30 h, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez, terá lugar a inauguración da exposición “Después de que nos hayamos ido” de Robín Trigas.  

 A mostra poderá visitarse até o 11 de xaneiro de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.   

 Robín Trigas, natural de Ourense, vive na actualidade en Tui. Os seus primeiros recordos son pintar e debuxar, e viaxar por un mundo creativo. Marino mercante de profesión descubriu outros lugares e outras persoas durante doce anos, até que decidiu dedicarse plenamente á arte. Para iso trasladouse a Londres, tras un breve paso por Madrid, onde se formou na  prestixiosa Heatherley School of Art e na Chelsea School of Art. Tras ano na capital británica, onde formou a súa familia. Sempre que puido seguiu pintando. Volveu a España, para asentarse inicialmente en Vigo e dende hai anos en Tui.   

 Na exposición que dende este xoves vai presenter en Tui “Después de que nos hayamos ido” reflexiona a través da pintura sobre “a nosa presenza no planeta terra, a nosa relación con el e o efecto que podería ter nas nosas vidas o reconciliar a nosa condición de humanos coa nosa condición de terrícolas”.  

 Recolle Roberto (Robín) Trigás as palabras do xornalista norteamericano Alan Wiseman no seu libro “The world wothout us” que “Sen nós, a terra seguirá e perdurará…, sen ela, nós porén, non poderiamos tan sequera existir”.    

 A  concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, indica que esta exposición mostra unha escolma da produción de Robín Trigás na que salienta a súa relación coa paisaxe que aborda con técnicas propias como son a encáustica (unha técnica milenaria caracterizada polo uso da cera como aglutinante dos pigmentos, a mestura ten efectos moi cubrintes e é densa e cremosa, a pintura aplícase cun pincel ou cunha espátula quente) e a técnica nihonga (que significa técnica xaponesa e esta baseada no uso  como medio de cola animal, mesturada con pigmentos).

TUI

A Banda de Música Popular de Tui ofrece o seu concerto solidario de Santa Icía baixo o título de “Dj Sinfónico" 

Será un espectáculo solidario en favor de SOS Tomiño Baixo Miño. A cita no Teatro Municipal de Tui este sábado día 23 de novembro, ás 19 horas




Infogauda / Tui 

 O Teatro Municipal de Tui acollerá este sábado, 23 de novembro, ás 19 horas, o concerto solidario de Santa Icía, da Banda de Música Popular de Tui. Este ano será cun formato novidoso: a confluencia dun pica discos en directo e da propia agrupación musical.  

 “Dj Sinfónico” é o título deste concerto, que mestura música actual con cancións da “movida valenciana”. É a primeira vez que a Banda de Música Popular de Tui plantexa un espectáculo con este formato.  

 A entrada terá un prezo de 2 euros en favor de SOS Tomiño Baixo Miño. Cos fondos recadados poderanse mercar alimentos, tanto para as necesidades da comarca como para as poboacións afectadas tras a DINA en Valencia.    

 Pódese mercar a entrada de forma anticipada e presencial na Escola da Banda de Música Popular de Tui (Guillarei), en Ideas (rúa Rosa Bahamonde) e na oficina de SOS Tomiño Baixo Miño (edificio Francisco Sánchez).  

 A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, agradece este xesto solidario dende a Banda de Música Popular de Tui e valora “a orixinalidade dun concerto que, por primeira vez, inclúe música electrónica nesta agrupación tudense”.

DEPORTES

Luisa Sánchez confirma que a Copa Deputación de fútbol feminino arrancará o 6 de decembro e que a gran final será o 17 de maio 

“A Deputación e a Federación unimos as nosas forzas para garantir a supervivencia dunha competición que era unha insignia na provincia e merecía unha continuidade” asegurou a vicepresidenta provincial quen confirmou que participarán na Copa Deputación un total de 29 equipos de fútbol feminino da provincia


A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez con representantes dos clubs da provincia

Foto: D.PO.

Infogauda / Vigo

 A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na sede da Federación Galega de Fútbol en Vigo no sorteo da Copa Deputación de fútbol feminino, un acto no que tamén estiveron presentes representantes dos clubs da provincia. “A Deputación e a Federación unimos as nosas forzas para garantir a supervivencia dunha competición que era unha insignia na provincia e merecía unha continuidade”, asegurou a vicepresidenta provincial quen confirmou que a Copa Deputación arrancará o 6 de decembro, que a gran final será o 17 de maio, e que participarán na proba un total de 29 equipos de fútbol feminino da provincia.  

 A Copa Deputación de Pontevedra de fútbol feminino arrancará o 6 de decembro con partidos entre o Mondariz CF e a At. Villalonga FF “B”; Salvatierra SD e Gondomar FB; Club Peñasco e SCD Salcedo; Catoira SD e Sárdoma CF “B”; CD Mosteiro e SP. San Mateo; Porriño Ind e SR Casablanca; Union Guardesa e SCD Pontecaldelas, Balaídos CF e Céltiga Féminas; Juv. Cambados e Domaio FC; Racing Vilariño e As Celtas “B”; EF Mos e SD Cruces; CF Cañiza e CD VAlladares; e SD Bandeira e Umia CF.  

 O 4 de xaneiro entrará en xogo o Lóstrego CF “B” que competirá co equipo gañador do partido entre o Unión Guardesa e a SCD Pontecaldelas, e o 4 de marzo o At Arousana e o Tomiño Femenino que competirán, respectivamente, cos equipos gañadores do partido entre o Mondariz CF e o At. Villalonga FF “B” e Porriño Ind e SR Casablanca. Pola súa banda, os cuartos de final terán lugar o 4 de marzo e o 17 de abril e a semifinal o 17 de abril e o 1 de maio, da que sairán os equipos que disputarán a final o 17 de maio.  

 Luisa Sánchez lembrou que o pasado ano participaron en total na Copa Deputación tamén unha trintena de equipos de fútbol feminino da provincia, resultando vencedoras as integrantes do Lóstrego de Gondomar. Tamén aproveitou a ocasión para remarcar a firme aposta da institución provincial polo fútbol feminino “ao que imos apoiar para poder seguir engrosando as bases”. Ademais fixo fincapé no “xiro absoluto” das políticas de deporte da Deputación co goberno actual, como os “900.000 euros que recibiron 80 clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal”, os “500.000 euros na liña de axudas á celebración de competicións ou eventos” ou o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que “pasa dos 4 millóns na súa primeira edición aos 8 millóns en 2025”. Todo isto, asegurou, “porque os clubs e deportistas desta provincia están nun momento excepcional, acumulando triunfos e situándonos no mapa, e tiñamos que estar á altura para fomentar que Pontevedra se converta no grande estadio deportivo do mundo”.

BAIONA

Visita ao CPI Cova Terreña de Baiona  

Abel Losada eloxia “o traballazo” da Garda Civil na prevención do delito na estrea da VI Ciberliga Nacional de retos no ciberespazo  

 O subdelegado subliña a importancia da formación porque “coa ciberseguridade gañamos todos, alumnado, pais e nais e o conxunto da sociedade”  

 A Ciberliga promove o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías  

 Son 13 os centros educativos da provincia participantes nesta iniciativa 

 

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, participou esta mañá no CPI Cova Terreña, de Baiona, na presentación da VI Ciberliga Nacional de retos no ciberespazo

Foto: S. de G.

Infogauda / Baiona  

 O subdelegado do Goberno, Abel Losada, participou esta mañá no CPI Cova Terreña de Baiona, na presentación da VI Ciberliga Nacional de retos no ciberespazo que organiza a Garda Civil e que contou coa participación do alumnado de 4º da ESO, destinatarios da modalidade pre-amateur creada o ano pasado. No acto estivo acompañado polo tenente coronel da Benemérita, Óscar Grañas, e polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña. Tamén participaron na presentación da iniciativa a directora do centro, Isabel Martínez, e o comandante da Garda Civil responsable da Ciberliga en Pontevedra, Álvaro Fernández.  

 Son 13 os centros educativos da provincia participantes nesta iniciativa e poderán inscribir aos seus equipos, ata o 22 de novembro, a través da web www.ligagc.com. Os equipos estarán compostos preferiblemente por 4 estudantes, que disputarán a fase clasificatoria en Galicia entre o 25 o 29 de novembro nos propios centros educativos. Os institutos clasificados disputarán a final no Centro Universitario da Garda Civil de Aranjuez no mes de marzo de 2025.  

 O subdelegado aplaudiu “o traballazo que realizan as mulleres e homes da Garda Civil en tódolos centros educativos da provincia, onde forman tódolos anos a centos e centos de alumnos sobre os riscos deste novo mundo dixital, que trae moitas vantaxes para a nosa sociedade, pero tamén moitos riscos, como demostra o continuo crecemento da ciberdelincuencia, que a día de hoxe supón o 25% de todos os delitos que se cometen na nosa provincia”.   

 Losada destacou que a Ciberliga é un formato divertido que complementa tamén as actuacións formativas que se realizan a través do Plan Director en todo tipo de ámbitos, tamén no dos delitos que se cometen a través da Internet. Subliñou que “coa ciberseguridade todos gañamos, alumnado, pais e nais e sociedade en xeral” e finalizou desexándolle “moita sorte e moita aprendizaxe” a todo o alumnado do CPI Cova Terreña nesta nova experiencia na que terán que enfrontarse e tratar de resolver, unha serie de ciber-retos que simulan situacións reais que poden atoparse cando navegan por internet. Para conseguilo deberán empregar todas as súas habilidades, traballando en equipo e poñendo en práctica as ensinanzas recibidas, especialmente na acción formativa que se desenvolve de maneira previa á competición.   

A Ciberliga  

 A Ciberliga foi creada no ano 2019 co obxectivo de contribuír ao fortalecemento do ecosistema da ciberseguridade mediante a formación da cidadanía nesta materia. Este programa experimentou unha evolución paulatina chegando ao momento actual no que se estrutura en tres modalidades: Amateur dirixida ao estudantado universitario e de Formación Profesional; Profesional dirixida a axencias policiais e do ámbito da defensa así como empresas do sector privado e, finalmente, a modalidade Pre-Amateur, estreada o anos pasado e que é a que hoxe se presentou, para alumnos de 4º curso da ESO.  

 No caso da provincia de Pontevedra, amais do Cova Terreña de Baiona, os centros participantes son: o IES de Mos; o CPR Las Acacias, de Vigo; o Centro Plurilingüe A Paralaia, de Moaña; o Centro Plurilingüe Ángel de la Guarda, de Nigrán; o CPI de Progreso (Catoira); o IES  A Guía (Vigo), o IES Castelo (Vigo); o Centro Plurilingüe Losada, de Vigo; o Centro Plurilingüe María Inmaculada, de Vigo; o IES de Meaño; o Centro Plurilingüe San Narciso, de Marín; e o Sagrado Corazón, de Placeres, de Pontevedra. 

GONDOMAR

Matemático Rodríguez. O primeiro gran científico galego

 O vindeiro venres 22 de novembro ás 20h no local do IEM 




IEM / Gondomar

 Carmen Villanueva asistirá o vindeiro venres 22 de novembro ás 20h no local do IEM ao faladoiro "Matemático Rodríguez. O primeiro gran científico galego". O acto será presentado por Gonzalo Navaza.

O PORRIÑO

O alcalde de O Porriño xoga co diñeiro municipal en pleitos amosando unha seria irresponsabilidade 

Os Socialistas de O Porriño denuncian as mentiras e despilfarro de Alejandro Lorenzo tras o recurso inadmitido pola débeda da auga con Vigo 


David Alonso Bargiela e Estela María Táboas González, concelleiros do grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de O Porriño

Agrupación do PSdeG-PSOE / O Porriño  

 O PSOE de Porriño denuncia con contundencia a nefasta xestión do goberno de Alejandro Lorenzo, reflectida na recente sentenza que inadmite o recurso presentado contra o Concello de Vigo. Esta decisión xudicial non só supón un fracaso legal, senón que deixa en evidencia a falta de rigor, transparencia e seriedade do Partido Popular á fronte do Concello. 

 Na súa resolución, o xuíz critica duramente a presentación do recurso, sinalando defectos graves como a ausencia de ratificación do pleno e a carencia dun informe xurídico adecuado. Esta chapuza administrativa, que o propio maxistrado describe como "irregularidades e falta de procedemento", confirma que o alcalde actuou con improvisación e sen respeto polas normas básicas de gobernanza municipal. 

 O alcalde Alejandro Lorenzo, minte nas súas promesas e é incapaz de xestionar con rigor, tomou a decisión de litigar contra Vigo co único obxectivo de evitar afrontar os compromisos financeiros derivados dun acordo histórico, asinado en 1998 polo propio Partido Popular. En lugar de negociar unha solución beneficiosa para o Porriño, preferiu xogar a carta electoralista, dilapidando recursos públicos e tempo. 

 Mentres tanto, proxectos fundamentais seguen abandoados. A residencia de maiores prometida para o Porriño nunca pasou de ser unha declaración electoralista. A residencia de animais abandoados foi substituída por un simple pipicán no centro do pobo, unha solución improvisada que traerá máis problemas que beneficios. Ademais, o soterramento do paso a nivel leva dous anos sen avances, malia o convenio enviado ao ADIF e os 13 M€ que había en contas municipais hai só ano e medio. Eses fondos foron dilapidados nunha espiral de gasto descontrolado, deixando ao Concello con apenas 300.000 € en aforro. 

 O goberno de Alejandro Lorenzo, o máis caro da historia do Porriño, mantén un equipo amplo con asesores, de traballo descoñecido, e un asesor xurídico que é o que máis cobra. A isto súmase a ausencia dun interventor, que se trasladou a outro Concello sen que a oposición fora informada, o que demostra a falla de transparencia e respeto institucional. 

 Ademais, o xuíz deixou claro que a interposición do recurso foi unha actuación que carecía de sustento legal sólido, reflectindo non só unha grave incompetencia administrativa, senón tamén unha evidente irresponsabilidade política. Esta decisión non só prexudica a imaxe do Porriño, senón que agora supón un custo económico que recaerá directamente nos veciños. 

 Dende a agrupación socialista de O Porriño, esiximos responsabilidades inmediatas a Alejandro Lorenzo e ao seu equipo. A cidadanía merece explicacións claras ás seguintes cuestións: ¿Por que se presentou un recurso con defectos tan graves que o propio xuíz tivo que inadmitir? ¿Cánto lle custará esta decisión aos veciños? ¿Qué medidas tomará o goberno para evitar que erros similares volten ocorrer? O PSdeG-PSOE de Porriño comprométese na defensa dunha xestión seria, responsable e transparente; defendemos un Porriño onde os recursos públicos se empreguen en resolver problemas reais, como a recuperación ambiental do río Louro e As Gándaras de Budiño, o soterramento do paso a nivel ou a mellora dos servizos sociais, e non en cubrir os erros dun goberno incapaz e autoritario. 

 Porriño merece un goberno que xestione con rigor, que respecte as normas e que poña os intereses dos veciños por riba de todo e, Alejandro Lorenzo amosou e segue a facelo, que non está á altura desa responsabilidade.

VIGO

Luisa Sánchez enxalza “o patrimonio histórico e cultural único” da provincia na inauguración na Sede da Deputación en Vigo de “Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible” 

A exposición, organizada en colaboración co CSIC, amosa as posibilidades das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica e poderá visitarse ata o 30 de decembro 


A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, inaugurou na Sede de Vigo da institución provincial a mostra “Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible”

Foto: D.PO.

Infogauda / Vigo  

 A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, inaugurou na Sede de Vigo da institución provincial a mostra “Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible”, que organiza o organismo xunto co Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A mostra, que  poderá visitarse ata o vindeiro 30 de novembro e forma parte das actividades de divulgación enmarcadas dentro do convenio entre as dúas institucións para realizar intervencións en xacementos arqueolóxicos da provincia e o estudo dos seus materiais, amosa as posibilidades do emprego das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica.  

 “Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible” amosa a través de once paneis as novas técnicas de análise de materiais arqueolóxicos -arqueoloxía do pequeno- e as tecnoloxías de prospección e rexistro non invasoras de áreas arqueolóxicas -arqueoloxía do invisible-, ofrecendo unha ollada a algúns dos métodos e ferramentas de traballo que hoxe usa a arqueoloxía e que probablemente rachen a idea máis habitual que se ten desta disciplina. Trátase, tal e como recordou Luisa Sánchez, “da primeira das dúas mostras que poremos en marcha da man do CSIC, sendo esta a exposición introdutoria na que amosamos as tecnoloxías coas que  se traballou nos xacementos da provincia, e próxima a que afondará no conxunto de traballos levados a cabo durante o proxecto”.  

 No acto, a vicepresidenta provincial destacou que na provincia de Pontevedra “temos un patrimonio histórico e cultural único e os xacementos arqueolóxicos son parte da nosa historia e de quen somos como pobo e sociedade”.  Por iso “é a nosa obriga, e a de todas as administracións públicas, protexer, difundir e fomentar o valor dos bens do noso patrimonio cultural, levando a cabo actuacións e actividades de divulgación como esta exposición”, asegurou Sánchez quen tamén lembrou outros proxectos que está a desenvolver a Deputación como Trazas de Pontevedra, “que lanzamos o pasado ano e que inclúe unha ruta polos xacementos arqueolóxicos da provincia para desfrutar dunha experiencia 100% Rías Baixas”.  

 Os once paneis de “Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible”, que se poderá visitar na Sede de Vigo da Deputación ata o vindeiro 30 de novembro de luns a venres de 9:00 a 20:30 horas, céntranse en temas como as imaxes aéreas, a teledetección, a prospección xeofísica, a fotogrametría ou o estudo ao microscopio, entre outros. Ademais, “Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible” incorpora tamén dous vídeos dedicados respectivamente ás técnicas de análise de materiais arqueolóxicos e ás tecnoloxías de prospección e rexistro non invasivas de áreas arqueolóxicas. 

VIGO

Persoal investigador sanitario aproveita un acto do Instituto Galicia Sur en Vigo para reclamar un convenio colectivo único nas catro fundacións 

A representación sindical aínda non foi convocada para iniciar as negociacións 


Mobilización do persoal de investigación sanitaria para reclamar un convenio colectivo único que regule as condicións laborais nas fundacións públicas de investigación biomédica
Foto: CIG

Infogauda / Vigo 

 Persoal de investigación sanitaria aproveitou o acto de inauguración da VIII Edición da Xornada de Encontro do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, que tivo lugar hoxe no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, para reclamar un convenio colectivo único que regule as condicións laborais nas fundacións públicas de investigación biomédica (INIBIC, FIDIS e FBGS, con sedes na Coruña, Santiago e Vigo) e da fundación pública de Medicina Xenómica, con sede en Santiago. 

 As persoas traballadoras da fundación pública de investigación Biomédica Galicia Sur (FBGS) recibiron os responsábeis da Consellaría de Sanidade encargados de inaugurar do acto con carteis nos que se podían ler “Esquecidas e Ignoradas", "Convenio xa" ou algunhas das principais reivindicacións a incluír no futuro convenio. 

 Dende a CIG-Saúde de Vigo explican que se ben nun principio estaba confirmada a asistencia do propio conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, finalmente as persoas encargadas da inauguración foron o xerente de ACIS, Antonio Fernández Campa, e os xerentes de Vigo e Pontevedra, Francisco Javier Puente Prieto e José Manuel Flores Arias. 

 “Fernández Campa non foi quen de dar unha explicación convincente sobre por que a representación dos cadros de persoal aínda non foi formalmente convocada para abordar o inicio das negociacións, poñendo como escusa a dificultade de negociar un convenio para as catro fundacións”, denuncian. Cando para a CIG cuestións como a equiparación salarial, os trienios ou unha carreira profesional en igualdade de condicións que o resto do persoal do Sergas son moi doadas de solucionar “se realmente tivesen vontade de facelo”. 

 Finalmente, dende a central sindical anuncian que consensuarán co resto de sindicatos con representación nas fundacións as próximas mobilizacións, que serán anunciadas nas asembleas de persoas traballadoras que se levarán a cabo nas vindeiras semanas.

ECONOMÍA

Convocan mobilizacións por un convenio digno na sanidade privada pontevedresa 

A patronal abandonou a última xuntanza da mesa negociadora como medida de presión para intentar que as protestas non se fixesen efectivas

 


Infogauda / Vigo / Pontevedra

 O persoal adscrito ao convenio de Hospitalización Privada da provincia de Pontevedra vén de anunciar a través das centrais CIG, CCOO, UGT e CSIF a convocatoria de mobilizacións para reclamar unhas condicións de traballo dignas. Dende a parte social denuncian que a patronal abandonou a última xuntanza da mesa de negociación como medida de presión para intentar que as protestas non se fixesen efectivas.  

 Segundo explican dende a CIG-Saúde, na reunión da mesa negociadora constituída en setembro de 2020 que tivo lugar este luns 18 de novembro a parte empresarial ameazou a parte social con levantarse e interromper as conversas se non se desconvocaban as concentracións previstas para as vindeiras semanas demandando un convenio digno.  

 “Hai que lembrarlle á patronal que as mobilizacións foron esixidas polas persoas traballadoras do sector nas asembleas informativas realizadas o pasado 7 de novembro ao coñecer a inmobilidade das propostas achegadas até esa data”. Por iso queren deixar moi claro que a parte social non cederá a esta “chantaxe” e continuará a defender os dereitos das persoas afectadas por este convenio, “polo que manteremos o calendario de protestas establecido”:  


- Mércores 20 de novembro ás 12:00 horas no centro médico Concheiro de Vigo (Avenida de Madrid, 4). 

- Mércores 27 de novembro ás 12:00 horas no hospital Vithas Fátima de Vigo (Vía Norte, 48).  

- Mércores 4 de decembro ás 12:00 horas na Confederación de Empresarios de Pontevedra, en Vigo (García Barbón, 104). 

- Mércores 11 de decembro ás 12:00 horas no centro médico Vithas en Pontevedra (Eduardo Pondal, 68).

BOIRO (A CORUÑA)

Xornada sobre Patrimonio e mar
Venres 22 de novembro, ás 19:30 horas, no Centro Social de Cabo de Cruz



 

ARCOS DE VALDEVEZ

Arcos de Valdevez Celebra o Natal com  a "Floresta Encantada Porta do Mezio" 

 De 1 de dezembro a 12 de janeiro, o evento vai iluminar a floresta, terá um trilho encantado e a aldeia natal da Porta do Mezio com um espetáculo de luzes




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez, em parceria com a ARDAL e os Baldios de Cabana Maior, preparam-se para receber um dos eventos mais mágicos da época natalícia: a Floresta Encantada Porta do Mezio. Este evento promete transformar este espaço num cenário deslumbrante, repleto de luzes, animação e momentos inesquecíveis para toda a família. 

 De 1 de dezembro a 12 de janeiro, o evento vai iluminar a floresta, terá um trilho encantado e a aldeia natal da Porta do Mezio com um espetáculo de luzes que irá encantar quem passar por lá. Além da deslumbrante decoração natalina, os visitantes poderão desfrutar de diversas atrações, como o Mercado de Natal, onde produtos típicos, artesanato e iguarias sazonais estarão à disposição de quem quiser levar uma recordação ou uma prenda de Arcos de Valdevez para casa e para quem mais gosta. 

 A Floresta Encantada Porta do Mezio também contará com várias surpresas e atividades para todas as idades, desde música e teatro, até espaços dedicados aos mais pequenos, garantindo momentos de alegria e confraternização. Este evento é uma excelente oportunidade para explorar a beleza natural e a tradição da região, aproveitando o espírito natalício num dos cenários mais belos, com paisagens do Alto Minho.  

 O Município convida todos a visitar Arcos de Valdevez e a viver esta experiência mágica, onde a fantasia e a tradição se encontram para criar memórias inesquecíveis. 

 Não perca a oportunidade de fazer parte da Magia do Natal em Arcos de Valdevez. Esperamos por si na Floresta Encantada Porta do Mezio

ARCOS DE VALDEVEZ

Autarquia arcuense celebra protocolos de 150 mil euros de apoio à atividade do mundo rural, com a presença do Secretário de Estado da Agricultura 


A Câmara Municipal de Arcos de Valdevez procedeu à assinatura dos protocolos de apoio atividade do mundo rural, com a presença do Secretário de Estado da Agricultura
Fotos: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal de Arcos de Valdevez procedeu à assinatura dos protocolos de apoio atividade do mundo rural, com a presença do Secretário de Estado da Agricultura, as várias entidades parceiras e muitos produtores locais.  

 A Câmara Municipal celebrou um protocolo com o Agrupamento de Escolas de Valdevez, a Cooperativa Agrícola de Arcos de Valdevez, a Associação de Pais e a Rescater - Prestação de Serviços, Lda. destinado à valorização dos produtos locais, através da introdução de carne cachena e outros produtos endógenos nas ementas dos refeitórios escolares. Foi assinado outro protocolo com a Cooperativa Agrícola de Arcos de Valdevez destinado a apoiar o fomento da produção pecuária no concelho, através da comparticipação de 50% da despesa inerente à sanidade animal, que abrange centenas de produtores de gado do concelho. Por último foi assinado mais um protocolo de apoio às obras de remodelação das instalações da Cooperativa Agrícola.  A Autarquia com a assinatura destes três protocolos atribuiu apoios no valor global de 150 mil euros. 

 Para o autarca arcuense João Manuel Esteves, “a celebração destes protocolos reforça o compromisso com os nossos agricultores e parceiros locais e com a competitividade e a sustentabilidade do mundo rural”. O autarca aproveitou também para destacar “os muitos projetos e iniciativas promovidos no concelho ao longo do ano, bem como a importância de envolver e atrair a comunidade educativa e a população mais jovem para o mundo rural. O desenvolvimento do mundo rural é importante para o desenvolvimento social, económico, ambiental e cultural dos territórios de baixa densidade”.  

 João Moura, Secretário de Estado da Agricultura referiu que “este é um momento muito importante para o fortalecimento das comunidades agrícolas locais”. Destacou ainda que “em Portugal temos uma atividade rural e um conjunto de produtos endógenos que nos devem encher de orgulho e que devemos valorizar, e Arcos de Valdevez é um exemplo para o país no apoio à atividade do mundo rural”.  

 O autarca arcuense aproveitou também para “solicitar o apoio do Governo para o desenvolvimento do setor através do reforço do apoio no PEPAC para os agricultores, da simplificação dos processos de candidatura e de licenciamento, bem como o apoio ao projeto Quinta Ciência Viva / centro de inovação rural a desenvolver no antigo centro de formação agrícola de Monte Redondo, considerando a sua importância na atração dos mais jovens para o setor”.  

 

“Livro Genealógico da Raça Garrana - Stud Book 2016-2020 – Tomo V”

 Nesta cerimónia foi também apresentado o “Livro Genealógico da Raça Garrana - Stud Book 2016-2020 – Tomo V”, pelo coordenador José Vieira Leite, uma obra que reforça a importância cultural e patrimonial da raça Garrana.  

 A Autarquia arcuense pretende com este dinamismo reforçar a competitividade do setor rural, numa perspetiva de crescimento sustentável e de valorização dos recursos locais, procurando criar mais rendimento e emprego e atrair e fixar mais pessoas para o setor e para o concelho.

DEPORTES

 ATLETISMO

Mª Dolores Martínez Vicente, medalla de prata,  no Circuíto Galego de Marcha Atlética

E bronce nos 5.000 metros pista ao aire libre, no XVII Campionato Xunta de Galicia de Marcha de Inverno en Pista


Mª Dolores Martínez Vicente (Loly) - a esq. - no podio do Circuito Galego de Marcha

Mª Dolores Martínez Vicente (Loly) - a der. - no podio do Campionato Galego de Marcha de Inverno en Pista


Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes 

 Mª Dolores Martínez Vicente (Loly), atleta do Rosal, vén de participar no Campionato Galego de Marcha de Inverno en Pista, celebrado nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra.


Mª Dolores (Loly) en plena competición

 A deportista - que pertence ao club Sociedade Atlética do Trega - fixo marca persoal cun crono de 34:17.26, nos 5.000 metros marcha en pista, na categoría máster 50, que lle valeu a medalla de bronce; tamén logrou a medalla de prata do Circuíto Galego de Marcha Atlética, facendo dobrete ese mesmo día. 

 Felicidades Loly!

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA SAIU VITORIOSO DE ITÁLICA, POR PARTIDA DOBRE 

Bañouse de ouro no XLII Internacional de Itálica 2024, e paralelamente fíxoso glorioso co 1º posto individual no LIX Campionato de España de Clubs 


Álex Sierpes Pereira - no centro do podio -, con Xavi Cabanilles Año - a súa der. - e Teo de Frutos Rodríguez

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

  Esta pasada fin de semana a localidade sevillana de Santiponce, acolleu a XLII edición do prestixioso Cros Internacional de Itálica 2024, que reuniu ás mellores figuras do mundo do atletismo tanto nacional como internacional, e a máis de 40.000 persoas nos dous días do devandito evento. 

 Esta proba, que está considerada como unha das mellores do calendario da Asociación Internacional de Federacions de Atletismo (IAFF) Country Cros, congregou nin máis nin menos que a 7.000 atletas, de 431 clubs, deixando unha estampa da maior relevancia desta importante proba que realiza a Real Federación Español de Atletismo (RFEA) de todos os campionatos nacionais que se realizan ao longo do ano. 


Os irmáns Álex e Christian Sierpes Pereira - dorsais 1246 e 1243, respectivamente - nun momento da carreira

Álex Sierpes Pereira, entrando vitorioso en liña de meta

 Durante a súa participación no devandito campionato, o atleta Álex Sierpes Pereira, de A Guarda, que interveu co noso filial o Club Atletismo Narón, sobre un percorrido de 4 km aproximadamente, deixounos uns momentos memorables que quedarán gravados para a historia do Narón, facendo un tempo de 12:05, e dese xeito conseguiu un triunfo espectacular, por diante do internacional Xavi Cabanilles Año, do club Asics Running, que fixo un rexistro de 12:13, e do lucense Teo de Frutos Rodríguez, do Lucus Caixa Rural Galega, que parou o crono nos 12:16. 

 Con seu brillante labor Álex Sierpes Pereira axudou a conseguir a 9ª posición sumando 1 punto por equipos, con 204 puntos en total na categoría Sub18 (xuvenil), co equipo composto polo seu irmán Christian Sierpes, que cun tempo de 13:04, entrou segundo mellor do equipo sumando 45; Manuel Campello Carballo, 74; e Gael Varela Moreno, 84. 

 Na foto do pódium Álex colgouse a coroa de loureiro - como símbolo de triunfo - na súa cabeza, como mítico gañador do Cros de Itálica. 

 Moitas felicidades a todos e a seguir crecendo xuntos.