21 de dec. de 2024

TUI

A maxia do Nadal encherá de música esta fin de semana Tui 

   Hoxe celébrase o concerto de Nadal da Eurocidade, o domingo actuará a orquestra Claxxon e tamén as corais tudenses  




Infogauda / Tui

 A maxia do Nadal encherá Tui de música e ilusión esta fin de semana. Entre as actividades previstas destacan o Concerto de Nadal da Eurocidade, actuacións das corais tudenses e concerto da orquestra Claxxon. Amais continúa o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira e o Taller Máxico de Papa Noel no edificio da praza da Inmaculada, que contará coa presenza dos elfos e do propio Papa Noel.   

 Este sábado, ás 21.30 h, o Teatro Municipal de Tui será o escenario do espectáculo musical “Estrela”, o concerto de Nadal da Eurocidade. Este evento encherá de esperanza, ilusión e sentimos compartidos este espazo nunha proposta escénica que contará coa participación dun centenar de artistas de Mistura Vocal, do grupo de jazz Jazzitive; do Coro da Academia de Música de Valença, dirixidos  por Joao Azevedo e acompañados polo pianista Antonio Kent Queener; e do grupo de danza Dance Sen Fronteiras de Valença. A dirección técnico-artística corresponde  a Eva García e Juantxo García e a dirección musical de Aloia Martínez. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 7€ e 5€.   

 Por outra parte,o novo espazo da rúa Camilo José Cela, acollerá o domingo en concerto á Coral do Centro Sociocomunitario ás 13 h e ás 20 h da Coral San Telmo. Neste mesmo lugar o luns 23, ás 20 h, a Coral Ponte das Febres.  

 Amais o domingo actuación especial, ás 18.30 h, no Paseo da Corredoira da orquestra Claxxon intepretando panxoliñas e versións co seu marcado carácter pop e rock.   

 Unha fin de semana na que a maxia do Nadal proseguirá tamén nas rúas e prazas da cidade coa decoración e iluminación . 

Ningún comentario:

Publicar un comentario