2 de xan. de 2025

DEPORTES

 ATLETISMO

O Vicky Foods Athletics ficha aos irmáns Sierpes Pereira

•  Os atletas galegos defenderán as cores do equipo de elite de Isaac Carlos Viciosa Plaza, de Valladolid, na tempada 2025


Christian e Álex Sierpes Pereira, co equipamento do Vicky Foods Athletics

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

  Os irmáns Sierpes Pereira cambian de club. O Vicky Foods Athletics, equipo federado da Escuela de Atletismo Isaac Viciosa, fichounos. Dese xeito, na tempada 2025, os atletas galegos defenderán as cores do equipo de elite de Isaac Carlos Viciosa Plaza, de Valladolid. 

 Tras meses de negociacións con outros clubs grandes de España, decantáronse finalmente polo recoñecido club no ámbito de medio fondo e fondo do panorama español, e rexeitando ofertas como o mellor e considerado equipo de España que o Playas de Castellón

 O motivo de aceptar este comezo na era profesional, é a promesa de que Álex Sierpes Pereira, reforzará como integrante o equipo valisoletano Sub-20 no campionato de Europa de clubs de campo a través que se celebrará o próximo mes de febreiro. 

 Os guardeses abandonan as cores da Sociedade Atlética do Trega, club ao que lles deben todo, e viulles crecer deportivamente tras o seu paso de máis dunha década amasando éxitos deportivos ano tras ano, tanto a nivel autonómico como nacional. 

 Durante a tempada que se aveciña, Álex seguirá correndo aínda na categoría xuvenil de segundo ano Sub-18, e Christian dará o salto para a categoría Sub-20 (júnior).

 Os Sierpes vanse do noso club marcando un antes e un despois, en máis destes doce anos na súa etapa pola Sociedade Atlética do Trega, desde os seus inicios ata o día de hoxe baixo a tutela dos seus pais que son os seus actuais adestradores, deixando un legado deportivo con letras maiúsculas. Inigualable na historia do noso club, que lle vai a ser moi difícil de superar ás novas promesas da nosa entidade, deixando un patrón cheo de valores representando ao noso escudo, demostrando lealdade, compromiso, esforzo, constancia, disciplina e superación día tras día, como deportistas de base ao longo da súa traxectoria. 

 A saga Sierpes Pereira abandonan xuntos o club, sendo xa considerados os máis laureados en categorías inferiores nos case 40 anos de existencia de vida da nosa entidade, acumulando, entre os dous, a estratosférica cifra de máis dun milleiro de trunfos que coparon ata o día de hoxe no máis alto do pódium, destacando en carreiras escolares, federadas de cros, pista cuberta, pista ao aire libre, roteiro e populares. 

 Gañándoo absolutamente todo. Non deixando nada atrás, onde o máis salientable é o centenar de medallas de pódiums autonómicos que posúen entre os dous, no sector de medio fondo e fondo, sumándolle tamén e superando a vintena de récords galegos que posúen no cadro dos mellores de sempre desde a categoría benxamín ata promesa, engadindo os maxestosos e destacables 5 récords de España que posúe na actualidade Álex Sierpes Pereira e mellores marcas europeas e mundiais da súa idade que logrou posuír, engadindo tamén múltiples títulos nacionais individuais en cros, pista cuberta, pista ao aire libre, varios campionatos de pista de clubs, varias modalidades, gañando tamén nos mellores foros do campo a través de probas internacionais Atapuerca, Soria, Elgoibar, Itálica, Amorebieta, Cantimpalos, Sonseca, Alcobendas, Valladolid, Venta de Baños e Ponte Romana. 

 Complementar tamén a infinidade de top 10 [en galego, os mellores 10] de mellores marcas españolas de sempre, acompañadas con nomes ilustres en modalidades do panel de medio fondo e fondo, comprendidas nas distancias desde os 1.000 metros aos 3.000 metros. 

 Vanse sendo os máis referentes do Baixo Miño, onde comezaran unha etapa nova profesional. Aínda así seguirán sendo o espello das promesas da Sociedade Atlética do Trega, porque de momento seguirán ás ordes e baixo a tutela dos seus pais Javier Sierpes Silva e Patricia Pereira Guisantes co grupo de adestramento tomiñés, nas pista de A Mata (O Rosal), compatibilizando coas pistas do campo de Chans, de A Guarda e carreiros de pescadores do Baixo Miño. 

 Asemade, cabe destacar que seguirán axudando nos labores do antigo club, demostrando o seu pleno compromiso co traballo de organización de probas baixo o control da nosa identidade e agregando tamén o seu labor e figura nos campus de atletismo de verán no concello de Tomiño. 

 Grazas Álex e Christian, por tanto. 

 Moita sorte no comezo da etapa deportiva profesional.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario