20 de set. de 2024

EMPREGO

O Concello de A Guarda xa ten abertas as prazas a un novo obradoiro de emprego de albanelería   

 As persoas interesadas xa se poden inscribir na Oficina de Emprego de Tui




Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda vén de facer público que “dará comezo a un novo obradoiro de emprego de albanelería no mes de decembro. As persoas interesadas xa se poden inscribir na Oficina de Emprego de Tui.  

 Para iso, é importante sinalar a especialidade correctamente, neste caso, é a “EOCB0209 ALBANELERIA”. O obradoiro é unha dobre oportunidade, tanto de formación como de emprego, xa que durante 12 meses, os alumnos participarán nun proxecto, mentres contan con docentes que lles imparten unha parte teórica máis tamén os guían durante o traballo.  

 Deste xeito, os 20 alumnos terán garantido durante un ano un soldo e a obtención final dun título acreditativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario