20 de set. de 2024

DEPORTES

BALOMÁN FEMININO

O MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS RECIBIRÁ AO BALONMANO ZUAZO FEMININO

Este sábado ás 20:00 horas, no pavillón A Sangriña



Redacción Deportes / A Guarda

 Logo de dúas xornadas  - a primeira, no pavillón A Sangriña, fronte Motivemarket.com Gijón, cun resultado final de 24-15; e a segunda, en Sagunto, fonte ao Club Balonmano Morvedre logrando un 25 - 34 -, que son un magnífico xeito de poñer os motores a funcionar cara o seu óptimo rendemento; o Mecalia Atlético Guardés recibirá este sábado 21 de setembro, ás 20:00 horas, no pavillón A Sangriña, ao Club Balonmano Zuazo Feminino, de Barakaldo. 

 Dese xeito, as xogadoras de A Guarda - localidade de arredor de 10.000 veciñas/os -, enfrontaranse a un equipo dunha cidade de máis de 101.000 habitantes. Iso dános unha pequena referencia do mérito que tén que o Mecalia Atlético Guardés, represente na elite do balonmán feminino a nosa poboación, recoñecida como moi fermosa entre as fermosas, e a nivel deportivo, todo un referente nese deporte.

 Por iso, e por moitas outras razóns de peso, valoramos moi positivamente todo o palmarés logrado polo equipo de A Guarda e súa contorna, e animamos a que os seareiros acudan ao pavillón A Sangriña para desfrutar do mellor balonmán feminino co Mecalia Atlético Guardés.

 O encontro será retransmitido pola canle de YouTube do Mecalia Atlético Guardés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario