O Rosal volve render tributo aos Irmáns Flores cun concerto homenaxe o 12 de outubro
Infogauda/O Rosal
Faíscas da Pontraga, Os Terribles de Donas e Alxibeira uniranse a Gaiteiros da Xistra para interpretar as creacións de José e Emilio Flores Costas, dúas lendas musicais que ensinaron a todo un pobo cunha soa gaita.
José e Emilio Flores Costas, os Irmáns Flores, marcaron ao Rosal para sempre. O Concello do Rosal prepárase para renderlles unha nova homenaxe o 12 de outubro cunha xornada musical na praza do Calvario que reunirá a algúns dos grupos máis queridos da música popular galega para interpretar as creacións de dous músicos que, cunha soa gaita, divertiron e ensinaron a xeracións enteiras de rosaleiros e rosaleiras.
O espectáculo comezará ás 19.00 horas con entrada de balde, e contará con Gaiteiros da Xistra como anfitrións, acompañados como convidados das Faíscas da Pontraga, Os Terribles de Donas e Alxibeira, para interpretar as creacións musicais dos irmán Flores, dúas persoas que interviñeron moi activamente na formación persoal de moitas e moitos veciños, algúns dos cales hoxe en día dedícanse profesionalmente á música. Participaron e crearon colectivos que abranguen calquera manifestación de música popular galega, deixando un legado que segue vivo en cada nota que soa no municipio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario