26 de set. de 2024

DEPORTES

A Sangriña acolle unha fin de semana chea de balonmán autonómico e internacional  

• O venres 27 ás 12.00 horas, un amigable contra a Selección Argentina de Handball feminina inaugura tres xornadas repletas de balonmán para o Guardés na súa casa 

• Durante toda al fin de semana, do 27 ao 29 de setembro, A Sangriña acollerá tamén unha eliminatoria xuvenil entre Mecalia, Lalín, Tui e Carballal 

• Por último, o balonmán autonómico completarase coa xornada 2 da Copa Federación, na que o Guardés sénior territorial recibirá ao SAR Rodavigo o sábado 28 ás 20.00 horas  




Redacción Deportes / A Guarda 

 O Mecalia Atlético Guardés préparase para acoller na casa unha fin de semana repleta de balonmán. Durante tres xornadas consecutivas, do 27 ao 29 de setembro, A Sangriña recibirá un total de oito encontros de índoles e competicións diferentes. Para todos eles, el equipo da Guarda actuará coma anfitrión nas súas categorías sénior, sénior territorial e xuvenil fronte a outros clubs pontevedreses, así como á Selección Arxentina de balonmán feminina.  

 A fin de semana inaugúrase  xustamente con este encontro internacional, motivado polo parón na categoría elite nacional. Aproveitando a visita da Selección Argentina de Handball feminina ao Porriño, onde se atopa esta semana adestrando para o clasificatorio do Mundial de 2025, A Sangriña acollerá este venres ás 12.00 horas un partido amigable entre las suramericanas e o Mecalia Atlético Guardés aberto ao público e con entrada libre. 

 Das 22 xogadoras convocadas polo seleccionador Mariano Muñoz a esta reunión de La Garra, 16 militan na competición estatal española. De feito, este partido internacional suporá tamén un reencontro con algunhas ex xogadoras do equipo da Guarda, coma Marisol Carratú, Rosario Urban ou Martina Mazza.  




 O mesmo venres pola tarde continuará a actividade, comezando a parte autonómica destas xornadas. A partir das 18.00 horas e durante todo o fin de semana, o pavillón guardés acollerá tamén a eliminatoria xuvenil feminina do grupo B, formado por Mecalia Atlético Guardés, Avatel Balonmán Tui, Hidramaq Deza Balonmán Lalín e Calfrima Carballal. Un total de seis encontros ao longos das tardes do venres 27 e o sábado 28 e da mañá do domingo 29 de setembro, organizados do seguinte xeito:

 Por último, os eventos da fin de semana completaranse durante o sábado, cando o balonmán de base dará paso a un último partido autonómico. O equipo Sénior territorial do Mecalia recibirá ao SAR Rodavigo o sábado 28 ás 20.00 horas na segunda xornada da Copa Federación autonómica do grupo C.  

 Un total de tres xornadas repletas do mellor balonmán autonómico e internacional, que permiten ao Mecalia Atlético Guardés nas súas diferentes categorías manter o ritmo nunha semana de parón das competicións ligueiras. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario